Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur
Bandera de la Provincia de Tierra del Fuego.svg Escudo de la Provincia de Tierra del Fuego.svg
Capital
poboación (ano)
Ushuaia
56.593 habitantes (2010)
Provincia de Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur (Argentina).svg
Gobernadora Fabiana Ríos (PSP)
Superficie 21.478 km² (1.002.445 km² se se inclúe territorio reclamado),
Poboación
Densidade
127.205 hab.(2010)
0,12 hab./km² (co territorio reclamado)
Xentilicio fueguino/a

A provincia de Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur é unha das 23 provincias de Arxentina. Ten unha poboación de 127.205 habitantes (2010) e a súa capital é Ushuaia.

Toponimia[editar | editar a fonte]

  • Tierra del Fuego: Fernão de Magalhães (1520) nomeouna «Tierra de los fuegos» ao ver desde o seu barco as fogatas dos selknam.[1]
  • Ushuaia: Nome que deriva das voces ushu (que significa ‘ao fondo’) e uaia (‘caleta, baía ou porto’), en lingua yámana, e significa ‘baía que penetra cara ao oeste’.[2]
  • Río Grande: Débese ao río Grande, en cuxas beiras aséntase a cidade. Este nome comezou a usarse en 1891.
  • Tolhuin: En lingua selk'nam significa ‘corazón’, e atópase no corazón da illa.

Xeografía física[editar | editar a fonte]

Localización[editar | editar a fonte]

O territorio da provincia está composto pola parte oriental da illa Grande de Tierra del Fuego e a illa de los Estados. A illa limita ao norte co estreito de Magalhães, ruta de comunicación entre os océanos Atlántico e Pacífico e ao sur co canal Beagle. Os límites provinciais esténdense no sector Antártico arxentino e Illas do Atlántico Sur, entre os meridianos 25°O. e 74°O. e o paralelo 50°S, formando parte do territorio provincial grandes extensións de auga sobre o Atlántico.[3]

Superficie[editar | editar a fonte]

As terras e augas reclamadas na Antártida comprenden o sector entre os meridianos 25º O e 74º O, o paralelo 60º S e o Polo Sur onde se atopan tamén as illas Orcadas del Sur e Shetland del Sur. Esta reclamación superponse parcialmente coa de Chile (Territorio Chileno Antártico) e totalmente coa do Reino Unido (Territorio Antártico Británico), sen embargo, tódalas reclamacións antárticas atópanse rexidas polo Tratado Antártico que conxela as disputas de soberanía, aínda que mantéñense vixentes as reclamacións feitas antes da firma de dito tratado. As illas do Atlántico Sur comprenden aos arquipélagos das Malvinas, Georgias del Sur (incluíndo aos arquipélagos das illas Aurora e os illotes Rocas Clerke) e Sándwich del Sur; atópanse baixo administración británica, pero segundo a ONU a súa soberanía está en litixio con Arxentina.

Límites[editar | editar a fonte]

Limita -o seu sector patagónico- ao oeste e ao sur con Chile, ao norte e ao leste co océano Atlántico, en canto aos seus límites na Antártida Arxentina e as Antillas del Sur ou illas do Atlántico Sur

Transportes[editar | editar a fonte]

O Tren del Fin del Mundo, orixinalmente construído para servir á prisión de Ushuaia e agora operando para o turismo, é o tren máis austral do mundo en funcionamento.
Embarcación navegando no canal Beagle en Ushuaia.
Porto de Ushuaia.

Terrestre[editar | editar a fonte]

A vía de comunicación entre as localidades principais é a ruta nacional n.º 3. Existen servizos de transporte privado que unen Ushuaia con Río Grande, pasando por Tolhuin, con saídas diarias e con frecuencia horaria ampla.

Para acceder á parte continental do país hai que transitar por territorio chileno uns 150 km, cruzando ademais o estreito de Magalhães en barcaza (ferry).

Marítimo[editar | editar a fonte]

  • Porto de Ushuaia: arriban buques de transporte naval, barcos comerciais e turísticos. É o porto de Arxentina máis próximo á Antártida.
  • Porto de Río Grande, con violentas correntes. Atópase en construción o porto Caleta La Misión nas proximidades da cidade.
  • Porto petroleiro de San Sebastián.

Aéreo[editar | editar a fonte]

  • Aeroporto Internacional de Ushuaia «Malvinas Argentinas»
  • Aeroporto Internacional de Río Grande «Gobernador Ramón Trejo Noel»
  • Aeroclub Ushuaia.[4]

Club para pilotos. Ofrece voos de bautismo e cursos para obter o título «piloto privado», «VFR controlado», «voo nocturno», «piloto comercial», «piloto comercial de primeira».

  • Aeroclub Río Grande.[5]

Club para pilotos. Ofrece cursos de voo para obter a licenza de «piloto privado de avión con habilitación VFR».

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El origen del nombre “Tierra del Fuego”". 10. http://historiadeamerica.wordpress.com/tag/estrecho-de-magallanes/. 
  2. "Apéndices". Ushuaia 1884-1984 (1 ed.). Asociación Hanis. ISBN 950-43-0183-7. "Debido a lo difícil de la pronunciación nativa (...) la variaciones de la grafía son enormes. (...) En 1938, el libro La nomenclatura geográfica y la terminología técnica, Santiago, Chile, traía dieciocho variantes (...)" 
  3. [1]
  4. Aeroclub Ushuaia
  5. Aeroclub Río Grande

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]