Riolita
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A riolita é unha rocha ígnea volcánica, que se produce ao saír ao exterior o magma e logo arrefriarse rapidamente.
Características [editar]
A causa deste arrefriamento súbito os seus cristais non se aprecian a simple vista, posuíndo unha textura vítrea. É densa e de gran fino. A súa composición mineral inclúe xeralmente cuarzo, feldespatos alcalinos e plaxioclasios, sendo os minerais accesorios máis comúns a biotita e o piroxeno. A súa cor é cinza avermellada, rosada, podendo ser até negra.