Base Amundsen-Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 90°00′00″S 0°00′00″E / 90.00000°S 0.00000°E / -90.00000; 0.00000

Vista da base Amundsen-Scott no 2009.
A entrada principal da antiga cúpula xeodésica. A base da cúpula estaba orixinalmente na superficie da capa do xeo, pero a base foi lentamente soterrada pola neve e o xeo.
Vista aérea da base Amundsen-Scott en xaneiro de 2005. Pódese ver a antiga estación cúpula na parte dereita desta foto.

A Estación do Polo Sur Amundsen–Scott é unha base de investigación dos Estados Unidos situada no Polo Sur Xeográfico, o punto máis meridional da Terra. A estación localízase no alto dunha meseta na Antártida e atópase a 2.835 metros sobre o nivel do mar.

A base Amundsen–Scott Station orixinal foi construída polo Goberno federal dos Estados Unidos en novembro de 1956 como parte do seu compromiso cos obxectivos científicos no Ano Internacional da Xeofísica, unha iniciativa que durou dende xaneiro de 1957 até xuño de 1958, e que pretendía estudar, entre outras cousas, a xeofísica das rexións polares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]