Andesita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de andesita con vesículas amigdaloides recheas de ceolita.

A andesita[1][2] é unha rocha ígnea de composición intermedia. A súa composición mineral comprende xeralmente plaxioclasio, piroxeno e horneblenda. Frecuentemente están asociados biotita, cuarzo, magnetita e esfena. O álcali feldespato está ausente nesta rocha.

A clasificación de andesitas pode facerse segundo o fenocristal máis abundante. Así temos a andesita olivina, no que a olivina é o principal compoñente mineral.

Pode considerarse o equivalente extrusivo da diorita plutónica. Como as dioritas, a andesita é característica de áreas de subdución tectónica en marxes oceánicas mariñas, como a costa de América do Sur.

O seu nome deriva dos Andes, cordilleira montañosa que transcorre paralela ao litoral costeiro dende a Venezuela até a Patagonia. A andesita pode tomar cores como o negro acibeche a verde escuro segundo a súa constitución.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

A andesita emprégase na construción como material inerte para balastro de vías férreas ou para utilizacións que necesiten de rochas cunha certa densidade, como diques ou canais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para andesita.
  2. "andesita". TERGAL. Consultado o 01/07/2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]