Limo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Limo seco arrastrado polo furacán Ike, Galveston, Texas, EE.UU.

O limo (do latín limus, 'lodo', 'barro', 'sedimento') é un material solto cunha granulometría comprendida entre á da area fina e á da arxila.

É un sedimento clástico incoherente transportado en suspensión polos ríos e polo vento, que se deposita no leito dos cursos de auga ou sobre os terreos que foron inundados.

Para que se clasifique como tal, o diámetro das partículas de limo ten que oscilar entre os 0,002 mm e os 0,06 mm.

É típico e famoso o limo depositado polo río Nilo despois das inundacións periódicas que achegaban terreo fértil para a agricultura desde o antigo Exipto até que este fluxo se interrompiu pola construción da presa de Asuán.

Ao non ter cohesión, é un terreo problemático para edificar sobre el e, en obras de arquitectura ou enxeñaría, é necesario adoptar sistemas especiais de cimentación.

Pódense distinguir:

  • o limo orgánico, formado por barro mesturado con restos vexetais], e
  • o limo inorgánico, con inclusión de po de rochas. Neste tipo encóntrase o loess pampeano ou o chinés; é un limo fino, sen estratificación.

Granulometría[editar | editar a fonte]

Dentro da clasificación granulométrica das partículas do solo, os limos ocupan o seguinte lugar na escala:

Escala granulométrica
Partícula Tamaño
Arxilas < 0,002 mm
Limos 0,002 – 0,06 mm
Areas 0,06 – 2 mm
Gravas 2 – 60 mm
Cantos rolados 60 – 250 mm
Bloques >250 mm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Limo Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]