Vento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Percorrido do vento Mistral.

O vento é corrente de aire que se xera atmosfera debido ás diferenzas de presión. Os ventos globais xéranse como consecuencia do desprazamento do aire dende zonas de alta presión a zonas de baixa presión, determinando os ventos dominantes dunha área ou rexión. Aínda así hai que ter en conta numerosos factores locais que inflúen ou determinan os caracteres de intensidade e periodicidade dos movementos do aire. Estes factores, difíciles de simplificar pola súa multiplicidade, son os que permiten falar de ventos locais, os cales son en moitos lugares máis importantes cós de carácter xeral. Estes tipos de ventos son os seguintes:

  • Brisas mariñas
  • Brisas de val
  • Brisas de montaña
  • Ventos catabáticos. Ventos que descenden dende as alturas ao fondo dos vales producidos polo esvaramento ao ras de chan do aire frío e denso dende os elementos do relevo máis altos. Aparecen de forma continuada nos grandes glaciares, adquirindo enormes proporcións nos inlandse de Groenlandia e da Antártida, onde sopran a velocidades continuas que superan os 200 km/h motivadas pola ausencia de obstáculos que freen a súa aceleración.
  • Ventos anabáticos. Ventos que ascenden dende as zonas máis baixas cara ás máis altas a medida que o sol quenta o relevo.

O vento actúa como axente de transporte, intervén na polinización anemófila, no desprazamento das sementes. É tamén un axente erosivo.

A velocidade e/ou intensidade dos ventos adoita medirse utilizando a Escala de Beaufort.

Características físicas dos ventos[editar | editar a fonte]

Anemómetro, sensor de velocidade e dirección do vento.

O estudo sistemático das características do vento son moi importantes para:

  • Dimensionar estruturas de edificios como silos, grandes pendellos, edificacións elevadas etc.;
  • Deseñar campos de xeración eólica de enerxía eléctrica;
  • Deseñar protección de marxes en encoros e os ribazos de montante nas presas.

A medición da velocidade e dirección do vento efectúase con instrumentos rexistradores denominados anemómetros, que dispón de dous sensores, un para medir a velocidade e outro para medir a dirección do vento. As medicións rexístrase en anemógrafos.

Para que as medicións sexan comparables coas medicións efectuadas noutros lugares do planeta, as torres cos sensores de velocidade e dirección deben obedecer a normativas estritas ditadas pola OMM - Organización Meteorolóxica Mundial.

Ventos con nome propio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vento

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]