Pingüín
Os pingüins son un grupo de aves non voadoras que habitan no hemisferio sur. Todos pertencen a unha mesma familia: Spheniscidae. Eles son páxaros do mar. Contrariamente á crenza popular, os pingüins non habitan unicamente en climas fríos. Moitas especies de pingüins habitan tanto no norte como nas illas Galápagos cerca da liña ecuatorial. A maioría dos pingüins aliméntanse de krill, peixe, luras e outras criaturas mariñas que capturan nos seus nados submarinos.
A especie máis grande é o pingüín emperador (Aptenodytes forsteri): os adultos teñen unha altura promedio de 11 dm e pesan 30 ou máis kg. A especie máis pequena é o pingüin azul (Eudyptula minor), o cal ten tipicamente unha estatura de entre 35 e 40 cm e pesan ao redor de 1 quilogramo. Xeralmente os pingüins máis grandes reteñen mellor a calor e polo tanto habitan rexións máis frías, mentres que as especies máis pequenas encontranse en climas temperados e incluso tropicais.
[editar] Especies
- Xénero Aptenodytes
- Pingüín emperador (Aptenodytes forsteri)
- Pingüín rei (Aptenodytes patagonicus)
- Pingüín de Ridgen (Aptenodytes ridgeni) (fósil)
- Xénero Pygoscelis
- Pingüín de Adelia (Pygoscelis adeliae)
- Pingüín gentoo (Pygoscelis papua)
- Pingüín de barbicha (Pygoscelis antarctica)
- Xénero Eudyptes
- Pingüín saltador da rocha (Eudyptes chrysocome)
- Pingüín macaroni (Eudyptes chrysolophus)
- Pingüín das snares (Eudyptes robustus)
- Xénero Eudyptes pachyrhynchus
- Pingüín real (Eudyptes schlegeli)
- Eudyptes sclateri
- Xénero Spheniscus
- Pingüín de Magallanes (Spheniscus magellanicus)
- Pingüín das Galápagos (Spheniscus mendiculus)
- Pingüín de Humboldt (Spheniscus humboldti)
- Pingüín africano (Spheniscus demersus)
- Xénero Eudyptula
- Pingüín azul (Eudyptula minor)
- Eudyptula albosignata)
- Xénero Megadyptes
- Megadyptes antipodes
Xéneros extintos
- Anthropodyptes
- Archaeospheniscus
- Chubutodyptes
- Pachydyptes
- Palaeeudyptes
- Palaeospheniscus
- Paraptenodytes
- Pseudaptenodytes