Marte
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar. Por ser vermello ten o nome do deus romano da guerra. Ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa. Marte ten dúas pequenas lúas, pequenas e deformadas, posibelmente asteroides capturados polo planeta.
Índice |
Características [editar]
Marte ten casquetes polares que conteñen auga e dióxido de carbono xelados. Posue a maior montaña do sistema solar, o Monte Olimpus, que ten 25 km de altura. Marte ten unha atmosfera moi fina, cunha presión na superficie de 7,5 milibares (a da Terra ten 1.013), estando composta nun 95% por dióxido de carbono e moi pouco osíxeno.
Forma parte dos denominados planetas telúricos (de natureza rochosa, como a Terra) e é o primeiro dos planetas exteriores á órbita terrestre. É, posibelmente, o máis semellante á Terra.
Tycho Brahe mediu con gran precisión o movimento de Marte no ceo. Os datos sobre o movimento retrógrado aparente permitiron a Kepler achar a natureza elíptica da súa órbita e determinar as leis do movimento planetario coñecidas como leis de Kepler.
Marte ten un lugar especial na imaxinación popular debido á crenza de que o planeta é ou foi habitado no pasado. Esta idea xurdiu debido ás observacións realizadas a fin do século XIX por Percival Lowell. Percival Lowell observaba canles e áreas que mudaban de tonalidade coas estacións do ano e imaxinou Marte habitado por unha civilización antiga que loitaba para non morrer de sede. De feito, o que Percival Lowell observou ou non existia ou eran leitos secos ou mudanzas naturais na coración do planeta debido a tempestades de area. Recentemente, a polémica en torno da existencia da vida en Marte foi reavivada coa descoberta dun meteorito marciano con posíbeis vestixios de vida.
Lúas [editar]
Marte ten dúas lúas naturais relativamente pequenas, Fobos e Deimos, cunha órbita próxima ao planeta. A teoría máis aceptada é que sexan asteroides capturados, pero a súa orixe segue sendo incerta. Ámbolos dous satélites foron descubertos en 1877 por Asaph Hall, e foron bautizados así polos personaxes Fobos (pánico/medo) e Deimos (terror/pavor) que, na mitoloxía grega, acompañaban ao seu pai Ares, deus da guerra, á batalla. Ares é como os romanos coñecían a Marte.
Datos varios [editar]
- masa: 0,11 da masa da Terra
- densidade relativa media: 3,95
- gravidade á superficie: 0,38 G (1 G = 9,8 m/s²)
- área superficial: 0,28 da área da Terra
- maior distancia ao Sol: 249.200.000 quilómetros
- maior aproximación á Terra: 78.390.000 quilómetros
- período orbital: 687 días terrestres
- duración dun día marciano: 24 horas 39 minutos e 35 segundos.
- temperatura máis baixa: -187 °C
- satélites: 2, Fobos (do grego "medo") e Deimos (do grego "pánico")
- inclinación de súa órbita en relación á eclíptica: 1° 51'
Exploración [editar]
A exploración de Marte está chea de problemas. O primeiro satélite que conseguíu orbitar Marte con éxito foi o Mariner 4 en 1965. Os soviéticos conseguiron aterrar unha sonda en 1974, mais a primeira misión cientificamente importante foi a sonda Viking I americana en 1976. Unha das máis exitosas misións a Marte foi a sonda Mars Pathfinder que enviou un vehículo robot que recolleu moita información sobre a superficie marciana. Recentemente, o máis exitoso de todos os proxectos é a Mars Global Surveyor, que fotografou Marte cunha resolución moito maior do que puideron facer as misións anteriores .
Os dous satélites de Marte teñen forma de pataca. Por seren tan pequenos - Fobos, 28 km de diámetro, e Deimos, 16 km - só foron descubertos en 1877. Outras misións máis recentes exitosas son as dos robots de exploración "Spirit" (Espírito) e o seu irmán xemelgo "Opportunity" (Oportunidade).
O Spirit foi lanzado o 10 de xuño do 2003 e, despois de viaxar 487 millóns de quilómetros, chegou á superficie de Marte e descendeu en paracaídas ata o cráter Gusev o 4 de xaneiro de 2004. O Opportunity á súa vez foi lanzado a 7 de xullo de 2003. Pousou o dia 25 de xaneiro de 2004 en Meridiani Planum, no pólo norte.
Xa a sonda Beagle2, da Axencia Espacial Europea (ESA), enviada a través da sonda orbital Mars Express, non deu sinais de funcionamento despois da chegada ao "planeta vermello".
A Mars Science Laboratory, bautizada como Curiosity, foi lanzada dende a Terra o 26 de novembro de 2011, e chegou a Marte o 6 de agosto do ano 2012. É máis grande e máis avanzada que os Mars Exploration Rovers, cun rango de movemento de 90 m/h. Entre os seus instrumentos atópase un mostreador láser químico que pode deducir a composición das rochas a unha distancia de 7 metros.
Misións futuras [editar]
No ano 2008 a NASA anunciou MAVEN, unha misión robótica prevista para 2013 para proporcionar información sobre a atmosfera de Marte. No 2018 a ESA ten previsto lanzar o seu primeiro Rover cara o planeta; o ExoMars será capaz de perforar 2 metros o solo para buscar moléculas orgánicas.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||