Albatros
| Albatros | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Albatros de cola curta (Phoebastria albatrus) |
|||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||
|
|||||||||||||
|
|
|||||||||||||
| Xéneros e especies | |||||||||||||
|
|
|||||||||||||
Os albatros (Diomedeidae) son unha familia de aves mariñas de grandes dimensións que, xunto cos procelaríidos, hidrobátidos e pelecanoides forman a orde Procellariiformes.[1] Distribúense por case toda a extensión do océano Antártico e o norte do océano Pacífico. Están entre as aves voadoras de maiores dimensións. Os grandes albatros (xénero Diomedea) teñen a maior envergadura alar de calquera especie existente na actualidade. Distribúense tradicionalmente en catro xéneros, aínda que existe desacordo en canto ao número de especies.
Os albatros móvense de xeito moi eficiente no aire e empregando o planeo dinámico cobren grandes distancias con pouco esforzo. Aliméntanse de luras, peixes e krill, ben recollendo animais mortos ou capturando o seu alimento vivo na superficie da auga ou mergullandose. Son aves coloniais e a maioría aniña en illas oceánicas remotas, a miúdo compartindo o seu territorio de nidificación con outras especies. Establecen unha relación monogámica que dura toda a súa vida.
Das 22 especies recoñecidas pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), 8 son vulnerables, 6 corren perigo de extinción e 4 atópanse en perigo crítico de extinción.[2]
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
- ↑ Con todo a taxonomía de Sibley-Ahlquist sitúaos na orde Ciconiiformes. Ver a sección Taxonomía e evolución deste artigo.
- ↑ "Diomedeidae". 2009. http://www.iucnredlist.org/search. Consultado o 7 de abril de 2010.
Ligazóns externas [editar]
- Vídeos de albatros en Internet Bird Collection
- Campaña "Salvar el albatros" Royal Society for the Protection of Birds (en inglés).