Illa Alexandre I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Alexandre I
Vista da illa
Alexander-Island.jpg
Datos
Capital Fossil Bluff
País
Localización Océano Antártico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 49.070 km²
Densidade
Coordenadas 70°40′S 70°30′W / 70.667°S 70.500°W / -70.667; -70.500
Maior Altura 2.987 m. Mount Stephenson
Localización
Localización  da illa
A illa Alexandre I en relación coa península Antártica.

A Illa Alexandre I é unha gran illa da Antártida, situada ao sueste do Mar de Bellingshausen e ao sudoeste da Península Antártica, da cal está separada pola canle -maioritariamente cuberta por xeo permanente- Xurxo VI. Ten un área de 49.070 km². Con 435 km de lonxitude por 200 km de ancho é a máis extensa das Antillas do Sur.

A zona é extremadamente abrupta, ao longo da canle Xurxo VI esténdese a Cordilleira Douglas, que alcanza os 2.987 m.

O extremo norte da illa é o Cabo Arauco, en latitude 68º46' e lonxitude 70º32'30".

A maior parte do litoral atópase bloqueado por barreiras de xeo. Cara ao oeste está a Baía Wilkens. No sudoeste da illa sobresae a Península Beethoven.

Foi descuberta pola expedición rusa ao mando de Fabian Gottlieb von Bellingshausen o 28 de xaneiro de 1821, pero creu que ara parte do continente ata 1940, polo cal foi chamada "Terra de Alexandre I".

A Arxentina reclama a maior parte da illa (excepto por parte da Península Beethoven) e inclúea dentro do Departamento Antártida Arxentina que forma parte da provincia de Terra do Lume, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.

Na década de 1950, foi instalada a base británica de Fossil Bluff, a cal é actualmente usada como refuxio e centro meteorolóxico.

Estación de verano de Fossil Bluff