Fabian Gottlieb von Bellingshausen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fabian Gottlieb von Bellingshausen
Nacemento9 de setembro de 1778 e 18 de agosto de 1779
Lugar de nacementoIlla de Saaremaa
Falecemento13 de xaneiro de 1852
Lugar de falecementoKronstadt
SoterradoKronstadt
NacionalidadeImperio Ruso
EtniaPobo alemán
Alma máterNaval Cadet Corps e St. Petersburg Naval Institute
Ocupaciónexplorador, cartógrafo, militar e navegante
PremiosOrder of St. Vladimir, 3rd class, Order of St. Vladimir, 1st class, Order of St. George, 4th class, Order of St. Vladimir, 2nd class, Order of the White Eagle, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Order of Saint Anna, 1st class with imperial crown, Ordem do Banho, Ordem de São Luís e Ordem de São Vladimir
Na rede
WikiTree: Von_Bellingshausen-7
editar datos en Wikidata ]
Fabian Gottlieb von Bellingshausen
Selo soviético de 1965 emitido con ocasión do 145 aniversario da expedición xeográfica rusa de Bellingshausen e Lazarev

Fabian Gottlieb Thaddeus von Bellingshausen (en ruso, Фаддей Фаддеевич Беллинсгаузен ou Faddei Faddeievich Bellinsgauzen), nado o 20 de setembro de 1778 en Lahetaguse e morto o 13 de xaneiro de 1852 en Kronstadt), foi un almirante da frota imperial rusa e explorador do Antártico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Von Bellingshausen naceu nunha familia nobre xermanobáltica na illa de Saaremaa en Estonia, na época unha provincia do Imperio Ruso]. Ós dez anos entra como cadete na Mariña Imperial Rusa, graduouse na Academia Navl de Kronstadt ós 18 anos, é rapidamente promociona ó grao de capitán. Grande admirador das viaxes de Cook, embarcou, para a primeira expedición rusa arredor do mundo, a bordo do Nadezhda comandada por Adam Johann von Krusenstern en 1803 rematando en 1806. Ó longo da súa carreira comandou diversos navíos no mar Báltico e no mar Negro.

Expedición ó Antártico[editar | editar a fonte]

Expedición de Bellingshausen ó Antártico.

En 1819 o tsar Alexandre I autorizou unha expedición nos mares polares austrais dirixida por Bellingshausen. O 5 de setembro partiu desde Portsmouth con dous navíos, unha corveta de 600 toneladas, a Vostok, e un navío de sostén de 530 toneladas, o Mirnii (comandado por Mikhail Petrovich Lazarev) con destino a Xeorxia do Sur, aportando en decembro.

O 26 de xaneiro de 1820 converteuse no primeiro explorador en franquear o círculo polar antártico desde James Cook. O 28 de xaneiro a expedición descobre a Antártida, aproximándose a un punto nas coordenadas 69º21'28"S 2º14'50"W. Logo do seu regreso o 4 de agosto de 1821, Bellingshausen continúa a servir o tsar. Combateu na guerra ruso-turca de 1828-1829 e obtivo o grao de almirante. En 1839 foi gobernador de Kronstadt].

Toponimia[editar | editar a fonte]

O seu nome púxose a diversos lugares do Antártico:


Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]