Fento
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pteridophyta")
| Fentos/Fieitos | ||||
|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||
|
||||
| Nome científico | ||||
| Pteridophyta | ||||
Os fentos, fieitos ou felgos son plantas vasculares agrupadas na división Pteridophyta que non producen semente ao reproducírense por esporas. Están formados por un rizoma carnoso e follas grandes ás veces moi divididas: as frondes. O máis extendido dos fieitos (Pteridium aquilinum) é moi abondoso en Galicia, por exemplo nas carballeiras onde forman extensas superficies. Emprégase como estrume. Segundo a área xeográfica recibe diferentes nomes: fieito, felgo, fenta, fieita ou folgueira.
Índice |
[editar] Especies
Aínda que existen unhas 10.000 especies de fentos, estas son algunhas das máis destacables:
- Fento común ou folgueira (Pteridium aquilinum)
- Fento dos valos (Polypodium vulgare)
- Fento macho (Dryopteris filix-mas)
- Fenta (Athyrium filix-femina)
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
Hai moitos topónimos relacionados con esta plata:
[editar] Ligazóns externas