Illa de Nova Guinea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa de Nova Guinea
Vista da illa
Karte Neuguinea.png
Datos
Capital Port Moresby
País Papúa Nova Guinea e Indonesia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2005) 7.500.000 hab.
Superficie 786.000 km²
Densidade
Coordenadas 5°20′S 141°36′E / 5.333°S 141.600°E / -5.333; 141.600
Maior Altura 4.884 m. Puncak Jaya
Localización
Localización  da illa

Nova Guinea (Irian, en indonesio bahasa), é unha illa situada ao norte de Australia. É a segunda illa máis grande do mundo. Papúa refírese a toda ou unha parte da illa. A illa esta divida politicamente de oeste a este en dúas metades aproximadamente iguais.

A metade oriental é Papúa Nova Guinea, país independente desde 1975.

A metade occidental está incorporada a Indonesia, como as provincias de Papúa (anteriormente coñecida como Irian occidental ou Irian Jaya) e a nova provincia de Papúa Occidental.

Divisións políticas[editar | editar a fonte]

Politicamente, a illa de Nova Guinea divídese máis ou menos en dúas metades iguais a través dunha liña que discorre de norte a sur:

División da illa de Nova Guinea
  • A parte oeste da illa, Nova Guinea Occidental ou Papúa Occidental (Irianen indonesio), situada ao oeste do meridiano 141 ° E de lonxitude (agás nunha pequena parte de territorio ao leste do río Fly que pertence a Papúa Nova Guinea) está administrada por Indonesia e se subdivide en dúas provincias:
    • Papúa Occidental (Papua Barat, antes chamadaIrian Jaya Barat), con capital en Manokwari.
    • Papúa (antes chamada Irian Jaya), con capital en Jayapura. Propúxose subdividir esta provincia en dúas: Papúa Central (Papúa Tengah) e Papúa Oriental (Papúa Timur), pero o proxecto aínda non se levou a cabo.
  • A parte oriental conforma a parte principal de Papúa Nova Guinea, estado independente desde o 1975, antes coñecido como o territorio de Papúa e Nova Guinea. A cidade principal é a capital do estado, Port Moresby.

Canibalismo[editar | editar a fonte]

Nova Guinea é popularmente coñecida polo ritual do canibalismo que era practicado por algúns, grupos étnicos. Son os últimos grupos no mundo que dicían participar en actos antropófagos no pasado recente. Na área de Asmat, no suroeste de Papúa, puido terse practicado ata principios dos anos 1970. Entre a xente Fore en Papúa Nova Guinea, o canibalismo ritual producía á extensión do kuru, impulsando a administración australiana a proscribir a práctica en 1959.

O canibalismo podería aparecer en Nova Guinea debido á escaseza de fontes de proteínas. As colleitas tradicionais de taro e boniato, son baixos en proteína comparada co trigo, e os únicos animais comestibles dispoñibles eran pequenos e pouco apetitosos, como ratos, arañas, e monos.