Balea azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Balea azul / Rorcual azul
Balaenoptera musculus
Balea azul femia nco seu baleato
Balea azul femia nco seu baleato

Tamaño en comparación do dun humano
Tamaño en comparación do dun humano

Estado de conservación
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Mysticeti
Familia: Balaenopteridae
Subfamilia: Balaenopterinae
Xénero: Balaenoptera
Especie: B. musculus
Nome binomial
Balaenoptera musculus
(Linnaeus, 1758)
Distribución da balea azul

Distribución da balea azul
Subespecies
Referencia:[1]
  • B. m. brevicauda Ichihara, 1966
  • B. m. indica Blyth, 1859
  • B. m. intermedia Burmeister, 1871
  • B. m. musculus Linnaeus, 1758
Sinonimia
Referencia:[2]
  • Balaena borealis Fischer, 1829
  • Balaena maximus ?
  • Balaena musculus Linnaeus, 1758 (basónimo)
  • Balaenoptera carolinae Malm, 1866
  • Balaenoptera gigas Reinhardt, 1857
  • Balaenoptera indica Blyth, 1859
  • Balaenoptera jubartes Lacépède, 1804
  • Balaenoptera miramaris Lahille, 1898
  • Balaenoptera sibbaldi Van Beneden, 1887
  • Balaenoptera sibbaldii Flower, 1885
  • Physalus latirostris Flower, 1865
  • Physalus sibbaldii Gray, 1847
  • Pterobalaena gigas Reinhardt, 1857
  • Pterobalaena grypus Munter, 1877
  • Rorqualus boops F. Cuvier, 1836
  • Rorqualus borealis Hamilton, 1837
  • Rorqualus major Knox, 1870
  • Sibbaldius antarcticus Burmeister, 1866
  • Sibbaldius borealis Gray, 1864
  • Sibbaldius musculus Kellogg, 1929

A balea azul,[3] tamén colecida como rorcual azul,[4] [5] Balaenoptera musculus (Linnaeus, 1758), é un una especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos.

É o maior animal que xamais existiu sobre a Terra; algúns exemplares chegaron a ter lonxitudes de 33 m e pesos de 190 t, con tamaños lixeiramente superiores nas femias que nos machos. Estes exemplares de tan gran tamaño, observados na década de 1930, non sobreviviron á caza do home. Na actualidade os exemplares superviventes alcanzan tamaños máis reducidos, duns 25 m.

Actualmente (decembro de 2005) unha das áreas con maior poboación de baleas azuis é a zona das illas do Atlántico sur.

A subespecie que pode encontrarse nas costas das illas Canarias e da península Ibérica é Balaenoptera musculus musculus, a subespecie tipo.

Á simple vista é fácil de confundir con outra balea, o rorcual común (Balenoptera physalus), de dimensións e morfoloxía parecidas, pero cunha cor da pel gris escura ou negra.

Taxonomía e etimoloxía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, [6] na que a denominou como Balena musculus, sendo despois reclasificada dentro do xénero Balaenoptera, descrito por Lacépède en 1804.

O nome específico, musculus, que significa "ratiño" en latín, foi unha broma ou brincadeira científica sobre o tamaño deste animal, xa que en realidade é o mamífero máis grande que existiu xamais.

Anatomía[editar | editar a fonte]

Esqueleto de balea azul, fóra do Laboratorio Mariño da Universidade de California, en Santa Cruz, California, EUA.

O seu ventre moitas veces ten unha cor grisácea ou amarelada debido á presenz de diatomeas (algas) que se adheren a el. A súa parte superior e laterais varían de cor desde o azul ao gris azulado. A súa cabeza é moi longa e fina (aproximadamente un terzo da lonxitude total do animal), aínda máis na súa parte superior, con presenza de raias lonxitudinaies na garganta. É o balénido con barbas máis longas na súa boca (50 cm de ancho por 100 de lonxitude). Ao non ter dentes, é un misticeto. As barbas colgan da mandíbula superior e serven para filtrar os crustáceos da agua.

Na parte superior da cabeza posúen dous orificios, chamados aventadores, que lles serven para respirar. Con frecuencia expulsan aire e agua polos aventadores provocando columnas de agua vaporizada de até 9 metros de altura. Os seus pulmóns poden conter cinco mil litros de ar, aproximadamente.

Este animal pode chegar a ter un corazón tan grande como un automóbil pequeno, a súa lingua é tan grande como un elefante adulto e o seu cerebro pesa catro veces máis que o do ser humano, mostrando signos de grande intelixencia.

A identificación dos exemplares faise moitas veces por catalogación de fotografías das suas aletas dorsais, que son proporcionalmente pequenas, e diferentes en cada individuo.

O seu ritmo cardíaco en momentos de esforzo é de tan só 18 a 20 pulsacións por minuto, en contraste coas 120 normais nos humanos en parecidas circunstancias. Nos segmentos máis anchos das arterias dunha balena azul, unha persoa alta podería permanecer de pé (1,80 m de diámetro).

O seu pene chega a 4 metros de longo e a 1 metro de diámetro.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

As baleas azuis pasan uns oito meses do ano en augas do antártico, onde encontran abundancia de krill e durante os meses do inverno migran para augas máis cálidas onde dan a luz as suas crías.

Poden vivir até os 90 anos en boas condicións. Porén, debido á caza, a media de idade é de 25 anos.

Segundo alguns estudos, os cantos dunha balea azul poderían ser escoitados e entendidos por outros individuos a unha distancia de 4 000 km; porén, o aumento do ruído no mar provocado polas actividades humanas e os seus motores entorpecen esta capacidade.

A súa taxa de natalidade é moi baixa, xa que lles leva sobre uns 10 anos desenvolverse até a madurez e só teñen unha cría nun período de entre 2 a 5 anos.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Barbas de balea.

Aliméntase fundamentalmente de krill, un pequeno organismo planctónico semellante aos camaróns, outros pequenos crustáceos e algúns diminutos peixes. Para isto, posúen varios centos de placas córneas, as barbas, a través das cales filtran a auga do mar e obteñen o seu alimento que queda atrapado entre estas barbas.[7]

Perigo de extinción[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Caza de baleas e Caza de baleas en Galicia.

Na actualidade os expertos calculan que só quedan unos 1 000 exemplares, a especie estívose cazando case até a extinción para obter aceite (fundindo a súa graxa)), a carne e os ósos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Balea azul

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]