Baleeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baleeiro do século XIX.
Baleeiro moderno.

Un baleeiro é un tipo de barco utilizado para caza (ou pesca) de baleas.[1] O termo designa tamén o cazador ou pescador de baleas.[1]

Porén, a persoa encargada de manexar o arpón, é dicir, de arpoar [2] á balea (ou outro gran cetáceo) chámase arpoador.[3]

Evolución[editar | editar a fonte]

Antigamente os baleeiros dispoñían dun ou varios botes baleeiros, que largaban para aproximárense tanto como podían á balea ou ao cachalote e nos que embarcaban, canda os mariñeiros que vogaban e o patrón, o arpoador, que lanzaba o arpón, unido a un groso cabo, para tratar de cravalo no animal; despois, volvían ao baleeiro, e os mariñeiros turraban do cabo (ou dos cabos) para achegar o cetáceo ao costado do barco principal.[4]

Os baleeiros modernos, na súa maioría, están equipados para a captura (utilizando arpóns que disparan mediante canóns) e con instalacións para o tratamento da carne e da graxa (aceite de balea) do animal, é dicir, que son buques factoría.

A principal característica dos baleeiros modernos é a de ter a popa rebaixada e a proa elevada, onde está situado o canón que lanza o arpón.

Na literatura[editar | editar a fonte]

Na novela Moby Dick de Herman Melville, o narrador embarca no Pequod, baleeiro do século XIX.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 baleeiro no dicionario da RAG.
  2. arpoar no dicionario da RAG.
  3. arpoador no dicionario da RAG.
  4. Dominique Le Brun (2013): Baleiniers. Témoignages 1820–1880. Éditions Omnibus. ISBN 978-2-258-09869-5. Resumo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baleeiro

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Budker, Paul (1957): Baleines et baleiniers. París: Horizons de France.

Outros artigos[editar | editar a fonte]