Pantano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pantano de Lütt-Wirr, Alemaña.
Pantano de auga doce en Florida.
Bielorrusia.

Un pantano é unha zona húmida plana e pouco profunda co fondo xeralmente cuberto de lodo, onde vive vexetación herbácea adaptada, arbustiva e arbórea, que pode ter augas permanentes ou non, doces, salobres ou salgadas.[1] Moitos pantanos orixínanse ao longos dos ríos, en vales e zonas baixas, e zonas abandonadas polos ríos como meandros e leitos fluviais abandonados,[2] pero tamén en zonas costeiras e ribeiras de lagos.[3] As augas dos pantanos flúen lentamente ou están encoradas, polo que neles se acumula materia orgánica e poden crecer bacterias que orixinan o "gas dos pantanos" (metano). En primitivos pantanos orixináronse depósitos que orixinarían a turba e o carbón. Como o nivel das augas é con fecuencia flutuante, a vexetación ten que estar adaptada a períodos de inundación.[4] As especies dominantes varían segundo o tipo de pantano e a zona do mundo, pero nos pantanos europeos abundan as plantas poáceas, tifáceas, xuncáceas, e ciperáceas, e outras plantas acuáticas. Algunhas das zonas pantanosas máis estensas do mundo atópanse ao longo dos maiores ríos, como o Amazonas, Mississippi, e Congo.[5] Adoitan ter un grande valor ecolóxico.

As zonas similares situadas nas costas inundadas periódicamente pola marea na que crecen mangleiros e outros seres vivos halófilos, denomínanse e manglierais. Outros pantanos costeiros con influencia das mareas son as marismas.

Valor e produtividade[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente os pantanos e outras zonas húmidas eran considerados de escaso valor, considerábanse improdutivos e mesmo insáns e eran utilizados principalmente como zona de caza e pesca, polo que o máis habitual era que se procurase desecalos para utilizar as terras para a agricultura ou expansión urbana, ou para evitar enfermidades transmitidas por insectos.[6] Algúns pantanos costeiros drenáronse construíndo canais e gavias de drenaxe, que ao final deixaron entrar a auga do mar e acabaron convertendo os pantanos en marismas ou mesmo desapareceron sendo ocupados polo mar, como ocorreu en zonas de Luisiana, EUA.[1] [7] En Europa probablemente se perderon case a metade das zonas húmidas debido á súa drenaxe.[6] En Nova Zelandia perdéronse o 90 % en só 150 anos.[8]

Actualmente recoñécese o seu importante valor ecolóxico como hábitat dunha grande biodiversidade de seres vivos, proporcionar auga e oxíxeno, e control de inundacións,[9] polo que adoitan contar con protección legal para a súa conservación. Algúns pantanos de zonas inundables son moi importantes para a reprodución dos peixes.[10] En Europa estanse a facer grandes esforzos na restauración de moitas zonas pantanosas,[2] igual que noutras partes do mundo.[2][11] [12]

Ecosistema dos pantanos[editar | editar a fonte]

Pantano en Slidell, Luisiana.

A auga dun pantano pode ser doce, ou máis ou menos salgada. As condicións adoitan ser redutoras con escasez de oxíxeno polas inundacións causadas pola subuda do nivel das augas; os elementos do solo e a materia orgánica en descomposición están presentes en formas reducidas moi solubles e, por tanto, moi móbiles. Estas condicións anóxicas son propicias para a formación de metano por degradación dos glícidos, e de sulfuro de hidróxeno, cheirento e tóxico, por redución do xofre.

A auga que vén das profundidades do solo pode estar cargada de metais, e cando chega á superficie certos microorganismos viven da súa oxidación. A auga pode ter neses casos reflexos metálicos, o que indica que se formaron biofilmes viscosos flotantes ou no fondo de microorganismos, que interveñen na reciclaxe dos elementos, e a descontaminación da auga. Os de cor avermellada indica que están formados por microorganismos que oxidan ferro, os azulados oxidan cobre, os verdes violetas, xofre, e os brancos, aluminio, calcio ou xofre. Non indican forzosamente unha alta concentración de metais na auga, simplemente que é unha auga escorada e que hai unha certa acidez no solo.

Os pantanos albergan unha importante vida salvaxe. Moitos peixes e anfibios reprodúcense neles e nútrense de millóns de insectos que emerxen das augas pouco profundidas, os cales tamén son o alimento de aves, algunhas das cales voan ata alí desde moitos quilómetros á redonda. Albergan tamén numerosas especies raras, para as cales ás veces os pantanos son os seus únicos hábitat.

En certas rexións os pantanos poden ser insalubres a causa da malaria, enfermidade parasitaria transmitida por mosquitos Anopheles, cuxa larva vive nas augas estancadas. [13]

As plantas palustres viven tanto sobre as augas como fóra delas e teñen adaptacións que lles permiten modificar rapidamente o seu metabolismo en caso de inmersión, e tamén as súas sementes e esporas [14]. Certas árbores presentan tamén adaptacións ao asolagamento ou longas raíces ou gromos ou sementes especializados.[15] [16]

Exemplos notables[editar | editar a fonte]

Un pequeno pantano en Padstow, Nova Gales do Sur, Australia.
O pantanal (en Brasil, [Bolivia

e Paraguai) é unha chaira aluvial inundable de enorme extensión.]]

Atópanse pantanos en todos os continentes menos na Antártida.[17]

Sudamérica[editar | editar a fonte]

A maior zona pantanosa do mundo é o bosque inundable do Amazonas, que é importante especialmente pola grande variedade de peixes e árbores que viven nela.[18][19][20]

Outras zonas pantanosas famosas sudamericanas son: o pantanal (Brasil), Lahuen Ñadi (Chile), delta do Paraná (Arxentina) e os Esteros del Iberá (Arxentina).

África[editar | editar a fonte]

As áreas pantanosas máis coñecidas de África son o Sudd (no Nilo Branco en Sudán do Sur) e o delta do Okavango (endorreico), en Botswana. Outras zonas pantanosas famosas son: pantanos do lago Bangweulu (Zambia), os do delta do Níxer (Nixeria) e os Mare aux Songes (illa Mauricio).

Asia[editar | editar a fonte]

No sur de Iraq os rios Tigris e Éufrates forman unha extensa zona pantanosa con vexetación de xuncos.

En Asia, tropical hai pantanos turbosos no leste e sudeste asiático. No sudeste asiático os pantanos encóntranse a baixa altitude en áreas costeiras e subcosteiras e esténdense terra adentro ao longo dos vales dos ríos máis de 100 km. Abundan en Sumatra, Borneo, Nova Guinea, península malaia, sudeste de Tailandia, e Filipinas. Outras áreas pantanosas asiáticas son os mangleirais de Karachi (Pakistan), os pantanos Myristica (das moantañas Ghats Occidentais, India) e os Sundarbans (India e Bangladesh).

No norte, o pantano de Vasyugan é un extenso pantano do oeste de Siberia, máis grande que toda Suíza.

Europa[editar | editar a fonte]

Os pantanos de Pripyat en Bielorrusia e Ucraína son estensos e neles escondéranse os partisanos soviéticos e polacos durante a Segunda guerra mundial.

Norteamérica[editar | editar a fonte]

Pantano do sur de Luisiana

O pantano de Atchafalaya no curso baixo do Mississippi é o pantano máis grande de Estados Unidos, [21] pero foi moi alterado pola corta de árbores, drenaxe e diques.[22] Outros pantanos famosos de Norteamérica son os Everglades de Florida, o pantano de Okefenokee (Georgia), o pantano Barley Barber, o pantano Gran Ciprés (de Delaware a Maryland) e o pantano Great Dismal (Virxinia e parte de Carolina do Norte).

En Canadá destacan os pantanos das terras baixas da baía de Hudson (Ontario).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p.
  2. 2,0 2,1 2,2 Hughes, F.M.R. (ed.). 2003. The Flooded Forest: Guidance for policy makers and river managers in Europe on the restoration of floodplain forests. FLOBAR2, Department of Geography, University of Cambridge, Cambridge, UK. 96 p.
  3. Wilcox, D.A, Thompson, T.A., Booth, R.K. and Nicholas, J.R. 2007. Lake-level variability and water availability in the Great Lakes. USGS Circular 1311. 25 p.
  4. Swamp (do glosario do United States Geological Survey)
  5. Keddy, P.A., L.H. Fraser, A.I. Solomeshch, W.J. Junk, D.R. Campbell, M.T.K. Arroyo and C.J.R. Alho. 2009. Wet and wonderful: the world’s largest wetlands are conservation priorities. BioScience 59: 39-51.
  6. 6,0 6,1 Dugan, P. (ed.) 2005. Guide to Wetlands. Buffalo, New York. Firefly Books. 304 p.
  7. Keddy, P.A., D. Campbell, T. McFalls, G. Shaffer, R. Moreau, C. Dranguet, and R. Heleniak. 2007. The wetlands of lakes Pontchartrain and Maurepas: past, present and future. Environmental Reviews 15: 1- 35.
  8. Peters, M. and Clarkson, B. 2010. Wetland Restoration: A Handbook for New Zealand Freshwater Systems. Manaaki Whenua Press, Lincoln, N.Z. ISBN 978-0-478-34707-4 (online)
  9. Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 11.
  10. Lowe-McConnell, R. H. (1975). Fish Communities in Tropical Fresh waters: Their Distribution, Ecology and Evolution. London: Long man
  11. Environment Canada. 2004. How Much Habitat is Enough? A Framework for Guiding Habitat Rehabilitation in Great Lakes Areas of Concern. 2nd ed. 81 p.
  12. Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2ª edición). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 13.
  13. La disparition du paludisme dans la France rurale et la régression des terres humides - Exemple de la Sologne. Par Pierre-Olivier Fanica, en étude et Gestion des Sols, Volume 13, 1, 2006 - páxinas 53 a 61.
  14. Expression in situ de gènes en réponse à l’ennoyage chez les plantes
  15. Parent C. (2008) Étude de la réponse à l’ennoyage chez le chêne sessile (Quercus petraea) et le chêne pédonculé (Quercus robur) : Implication de l’hémoglobine non-symbiotique (An Overview of Plant Responses to Soil Waterlogging ) ; Tese de doutoramento, Universidade do Franco condado, 05-12-2008, PDF, 179 páxinas
  16. Skoglund, J. (1989). Regeneration, Establishment and Distribution of Quercus robur in relation to a flooding and light gradient. Studies in Plant Ecology.Gérard, B. (2008). Recherche de marqueurs physiologiques de tolérance à l'ennoyage chez le chêne pédonculé (Quercus robur L.) et chez le chêne sessile (Quercus petraea [Matt] Liebl.) (Universidade do Franco condado).
  17. Hunter, Malcolm L. (1999). Maintaining Biodiversity in Forest Ecosystems. Cambridge University Press. p. 325. ISBN 978-0521637688.
  18. Goulding, M. (1980). The Fishes and the Forest: Explorations in Amazonian Natural History. Berkeley, CA: University of California Press.
  19. Lowe-McConnell, R. H. (1975). Fish Communities in Tropical Freshwaters: Their Distribution, Ecology and Evolution. London: Longman
  20. L.H. Fraser and P.A. Keddy (eds.). 2005. The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p.
  21. Conner, W. H. and Buford, M. A. (1998). Southern deepwater swamps. In Southern Forested Wetlands: Ecology and Management, eds. M. G. Messina and W. H. Conner, pp. 261–87. Boca Raton, FL: Lewis Publishers.
  22. Reuss, M. (1998). Designing the Bayous: The Control of Water in the Atchafalaya Basin 1800–1995. Alexandria, VA: U.S. Army Corps of Engineers Office of History.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pantano