Circulación termohalina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circulacion termohalina.jpg

En Oceanografía chámase circulación termohalina a circulación convectiva que afecta de modo global ao conxunto das masas de auga oceánicas. Tén unha grande importancia pola súa participación significativa no fluxo neto de calor desde as rexións tropicais cara ás polares, sen a que non se comprendería o clima terrestre.

Características[editar | editar a fonte]

En conxunto a circulación global pode describirse como un fluxo relativamente superficial de auga que se quenta no Pacífico e o Índico ata o Atlántico, nas latitudes tropicais segue a recibir calor, para finalmente afundirse no Atlántico Norte, voltando a niveis máis profundos.

A circulación é debida á convección, debida a diferenzas de densidade, coas masas máis densas tendendo a afundirse e as menos densas a ascender. No caso das masas oceánicas as diferenzas de densidade dependen de dous factores: a temperatura e a salinidade. A densidade diminúe cando aumenta a temperatura e aumenta coa salinidade.

As masas que se afonden no Atlántico e na banda oceánica meridional fano polo efecto de ventos que, ao provocar a evaporación da auga, reducen a súa temperatura ao tempo que provocan a concentración do sal. A formación de xeo cando crece a banquisa separa auga pura, deixando unha salmoira que ou ben enche as fendechas ou se mestura coa auga oceánica, amplificando o efecto. A gravidade fai que as masas arrefriadas, máis densas, se trasladen polos fondos polares.

No Atlántico Norte a densificación debida á evaporación dá orixe a unha masa de auga fría e densa que circula polo Atlántico nun camiño de retorno ao Pacífico (ao ter vedada pola actual distribución dos continentes a vía directa polo noroeste).

Un incremento no fluxo de auga doce na superficie do Atlántico Norte, pode levar a un significativo debilitamiento ou incluso a un colapso completo na circulación termohalina. Este sería o resultado neto de varios efectos de realimentación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]