Meteorito
Un meteorito é un corpo celeste relativamente pequeno que acada a superficie terrestre. Cando un meteorito está composto esencialmente de silicatos, sen minerais, denomínase aerólito.
No espazo, estes corpos reciben o nome de meteoroides ("pequenos" asteroides, aproximadamente do tamaño dun canto rodado o de menor tamaño, que xeralmente son o resultado da colisión de dous ou máis asteroides). Ó entrar en contacto coa atmosfera, a fricción co aire causa que o corpo se quente, emitindo luz e formando un meteoro, bola de lume ou estrela fugaz.
Índice |
Historia [editar]
Foron unha fonte primaria de ferro ao comezo da Idade do Ferro, chegando a ser obxeto de culto na relixión faraónica. Na actualidade destacan os estudos sobor dos efectos dos impactos de meteoritos no planeta Terra, en especial polo estudo do evento K-T (Cretácico-Terciario).
Exobioloxía [editar]
Son obxetos de especial interés no campo da exobioloxía, en especial os meteoritos atopados na Antártida.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Meteorite.fr - All about Meteorites (en francés)
- Meteoritical Society (en inglés)
- The Natural History Museum's Meteorite Catalogue Database (en inglés)