Crustáceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
krill (Meganyctiphanes norvegica).

Os crustáceos (Crustacea) son unha clase de artrópodos que comprende máis de 55.000 especies, na súa maioría acuáticas e algunhas parasitas. O estudo científico dos crustáceos coñécese como carcinoloxía. Algúns dos crustáceos máis coñecidos son a lagosta, o camarón, a gamba, o cangrexo, a centola ou o percebe.

Índice

[editar] Características

Como característica propia e definitoria do grupo podemos citar a presenza dun ollo nauplio nalgunha etapa da súa vida, que pode ser substituído máis tarde por dous ollos compostos, pedunculados ou non.

Os crustáceos teñen xeralmente o corpo segmentado cun par de apéndices en cada segmento. O corpo adoita dividirse en cabeza, tórax e abdome. A fusión de segmentos é común e ás veces a cabeza e o tórax están fundidos no que se denomina cefalotórax. Ademais, todos teñen polo menos un par de maxilas e dúas mandíbulas. Tipicamente presentan dous pares de antenas na cabeza, cando menos na fase larvar e pasan por períodos de muda e intermuda para poder crecer. Todos, excepto o grupo cirripedia, son de sexos separados.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Crustáceo
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas