Dólar antártico
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Dólar.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
O dólar antártico (Antarctican dollar en inglés) é un obxecto de colección producido pola compañía Antarctica Overseas Exchange Office Ltd., coa aparencia de billetes de banco nacionais supostamente para ser empregados no continente antártico. Estes billetes non son de curso legal na Antártida, nin en ningún país, se ben a compañía emisora promete rescatalos "ao seu valor nominal durante todo o seu período de validez".[1]
Antarctica Overseas Exchange Office sostén que inviste unha parte de todo o recadado pola venda dos dólares antárticos para contribuír con organizacións que procuran levar a cabo proxectos de investigación e humanitarios na rexión antártica.[2]