Océano mundial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Animación mostrando as augas océanicas terrestres. O océano mundial, o corpo continuo de auga que rodea a Terra, divídese nunha serie de áreas principais, cun intercambio relativamente libre entre elas. Adóitanse considerar cinco divisións oceánicas: Pacífico, Atlántico, Índico, Ártico, e Sur, os dous últimos mencionados ás veces enténdense como partes do tres primeiros

O océano mundial ou océano global (en inglés, World Ocean, world ocean, ou global ocean) é o sistema interconectado de augas oceánicas (ou mariñas) da Terra e comprende a maior parte da hidrosfera.

Características[editar | editar a fonte]

A unidade e continuidade do océano mundial, cun intercambio relativamente libre entre as súas partes, é de fundamental importancia para a oceanografía.[1] Está dividido en varias zonas oceánicas principais que están delimitadas polos continentes e que teñen diferentes características oceanográficas: estas divisións son o océano Atlántico, o océano Ártico (ás veces considerado como un mar do Atlántico), o océano Índico, o océano Pacífico e o océano Antártico ou Austral (ás veces, considerado só a parte sur do Atlántico, Índico e Pacífico). Á súa vez, as augas oceánicas están intercaladas por moitos mares máis pequenos e outros corpos de auga.

O océano mundial existiu dunha forma ou outra na terra dende fai eóns e a noción remóntase á antigüidade clásica (en forma do deus Océano). O concepto contemporáneo do «océano mundial» foi acuñado polo oceanógrafo ruso Yuly Shokalsky a comezos do século XX para describir o que é basicamente un océano continuo e solitario, que cobre e rodea a maior parte da terra.

En tanto que continuo, o océano Mundial pódese visualizar como centrado no océano Antártico. O Atlántico, Índico e Pacífico poden ser vistos como grandes baías ou lóbulos espallándose cara ao norte dende o océano Antártico. Máis ao norte, o Atlántico ábrese no océano Ártico, que está conectado co Pacífico polo estreito de Bering:

  • O océano Pacífico, o maior dos océanos, esténdese cara ao norte desde o océano Austral até o océano Ártico. Esténdese na brecha comprendida entre Australia, Asia, América e Oceanía. O océano Pacífico atopa ao Atlántico ao sur do de América do Sur, no cabo de Fornos.
  • O océano Atlántico, o segundo máis grande, esténdese desde o océano Antártico, entre América do Sur, África, América do Norte e Europa, até o océano Ártico. O Atlántico reúnese co océano Índico ao sur de África, no cabo Agullas.
  • O océano Índico esténdese cara ao norte desde o océano Antártico até a India, entre África e Australia. O océano Índico únese co océano Pacífico ao leste, preto de Australia.
  • O océano Antártico é o océano que rodea á Antártida, dominado pola corrente circumpolar antártica, en xeral, o mar ao sur dos 60º de latitude sur. O océano Austral está parcialmente cuberto pola banquisa, que varía estacionalmente. O océano Antártico é o segundo máis pequeno do cinco océanos con nome.
  • O océano Ártico é o máis pequeno do cinco. Únese ao Atlántico preto de Groenlandia e Islandia, e únese ao Pacífico no estreito de Bering. Esta localizado sobre o Polo norte, tocando América do Norte no hemisferio occidental e Escandinavia e Asia no hemisferio oriental. O océano Ártico está parcialmente cuberto pola banquisa, que varía estacionalmente. Algunhas autoridades non consideran que o océano Ártico sexa un verdadeiro océano, xa que está en gran parte rodeado por terra con só un escaso intercambio de auga cos outros océanos. En consecuencia, é considerado por algúns como un mar do Atlántico, coñecido como o «mar Mediterráneo Ártico» ou «mar Ártico».

A forma aproximada do océano Mundial, para a maioría dos propósitos, pode ser tratada como constante, aínda que en realidade non o é, xa que a deriva continental muda continuamente a súa estrutura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Spilhaus, Athelstan F. 1942 (Jul.). «Maps of the whole world ocean». Geographical Review (American Geographical Society). Vol. 32 (3): pag. 431-35.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]