Estación de investigación Concordia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 75°06′S 123°23′L / -75.100, -123.383

Medida co Lidar dende un refuxio en Dome C, a uns centos de metros da estación Concordia. No fondo a aurora austral. Foto tomada durante no inverno austral de 2014.
Medida co Lidar dende un refuxio en Dome C, a uns centos de metros da estación Concordia. No fondo a aurora austral. Foto tomada durante no inverno austral de 2014.

A estación de investigación Concordia é unha base científica franco-italiana situada na Antártida.

Características[editar | editar a fonte]

Nesta base estúdanse fenómenos relacionados coa Antártida, pero tamén co clima ou mesmo co espazo (como MELiSSA[1] ou experiencias sobre illamento[2] da ESA). No inverno o persoal descende a tan só 16 persoas, mais no verán antártico pode aloxar máis de oitenta investigadores.[2]

Está situada na meseta antártica, a 3233 m de altura sobre o nivel do mar.[3] Acada temperaturas de -80 °C no inverno austral, pasando meses sen ver o Sol, en condicións de illamento. Consta de dúas torres, unha, como habitáculo, e outra, para maquinaria e salas de traballo.

Establecida no 2005, é a única base europea no interior do continente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Water on land and in the air". Chronicles from Concordia. 2019-03-22. Consultado o 2019-10-29. 
  2. 2,0 2,1 "ESA - Antarctic mist". www.esa.int. Consultado o 2019-10-29. 
  3. "The long goodbye". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-04-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Blog escrito dende a base.