Cardume
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa zooloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Un cardume é o substantivo colectivo que designa un grupo de peixes, normalmente da mesma especie e do mesmo grupo etario, que nadan como se fosen un único individuo.
Este tipo de comportamento, moi común nos peixes peláxicos, pode considerarse unha adaptación evolutiva, dado que supón moitas vantaxes para a especie: permite que un maior número de individuos se manteña nunha zona con mellores condicións de vida, respecto á temperatura ou a alimentación[1].
Ademais, permite que durante a reprodución sexan fecundados un maior número de óvulos, dado que os peixes peláxicos adoitan ter unha fecundación externa.
Notas[editar]
- ↑ "Sobre os cardumes e a reprodução dos peixes", artigo de Armando de Luca en www.360graus.com.br] (en portugués) (consultado o 8 de xuño de 2009).