Francisco López Barxas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco López Barxas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Ponte Barxas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 3338 Dialnet: 1810403

Francisco López Rodríguez, coñecido co heterónimo Francisco López Barxas, nado en Ponte Barxas (Padrenda) o 24 de abril de 1952, é un escritor, xornalista e crítico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid e viviu nesta cidade durante varios anos, traballando como crítico literario, dirixindo revistas de literatura e tamén como profesor de lingua e literatura española. A comezos da década de 1990 regresou a Galicia para encargarse da dirección do Xornal Diario, un medio editado en Pontevedra que desapareceu en 1992.

En 2000 conseguiu un posto como editor do informativo Bos días, da Televisión de Galicia, traballo no que continuou ata 2003, cando ascendeu ao cargo de redactor xefe de informativos desa cadea. Deixou o posto en 2005. En 2009, logo da vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo, foi designado director xeral de Promoción e difusión cultural, dentro da consellería de Cultura e Turismo. Meses despois, ao reestruturarse as competencias, López Barxas pasou a ser director xeral do Libro, bibliotecas e arquivos, posto no que permaneceu até o seu cesamento en xaneiro de 2012.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Entorno a Antonio Machado (1988)
  • Zelos no ofenden al sol (1988)
  • Fin de un milenio. Antología de la poesía gallega última (canda César Antonio Molina, 1991)
  • Eugenio Granell. O surrealismo felizmente vivo (1991)
  • Ferrán Pérez Churruchao (2001)
  • Palabra de autor, palabra de autora (2005)
  • No xardín das mandrágoras (2006)
  • O ladrón de paxaros (2006)
  • Sar e Sarela e os monstros de Compostela (2006). Foi traducida ao castelán.[1]
  • A avoa do nobelo branco (2009)
  • Tom e Mix, os cabalos de Clara (2009)
  • Os tesouros da illa de Granellandia (2012)
  • Mazurca para Camilo José Cela (2016)
  • Pedro, ladrón de historias (2017)
  • Confieso que he leído (2017)[2]
  • Nemo y Sabela polos parques de Compostela (2017)
  • A historia de Ramón (2019)[3]
  • Ben-Cho-Shey inédito (2019). Auga Ed. 230 páxs.
  • Querido Paco Barxas (2021). Medulia. 294 páxs. ISBN 978-84-124509-4-1.
  • La palabra sorprendida (2023). Medulia.
  • Os secretos do bosque de Ben-Cho-Shey (2024). Galaxia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sar, Sarela y los monstruos de Compostela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-04. 
  2. "Confieso que he leído". Hércules de Ediciones. 
  3. José Miguel Giráldez (7 de xaneiro de 2019). "López-Barxas publica un relato sobre Pedrayo". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 07 de xaneiro de 2019.