Abel Caballero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abel Ramón Caballero Álvarez

Actualmente no cargo
Dende o 16 de xuño de 2007
Precedido por Corina Porro

6 de xullo de 1985 – 7 de xullo de 1988
Presidente Felipe González
Precedido por Enrique Barón
Sucedido por José Barrionuevo

28 de outubro de 1982 – 4 de novembro de 1997
Presidente Felipe González

Datos persoais
Nacemento 2 de setembro de 1946
Ponteareas, (Pontevedra) Flag of Galicia.svg Galicia
Partido PSdeG-PSOE
Profesión Economista
Alma mater Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Cambridge
Residencia Vigo, Flag of Galicia.svg Galicia
Sitio web http://www.abelcaballero.com/

Abel Ramón Caballero Álvarez, nado en Ponteareas o 2 de setembro de 1946, é un político, economista e escritor galego. Actualmente exerce como alcalde de Vigo polo PSdeG-PSOE.[1]

Índice

[editar] Traxectoria

Abel Caballero é Doutor en Ciencias Económicas polas Universidades de Santiago de Compostela e Cambridge. Máster en Economía pola Universidade de Essex, desenvolveu a súa labor como docente en diversas universidades españolas e europeas. Na actualidade, exerce como alcalde da cidade de Vigo e é Catedrático de Teoría Económica en excedencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Posúe así mesmo o título de Oficial da Marina Mercante.[2] Ademais, é membro da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima.[3][4]

Abel Caballero conta cunha ampla traxectoria política. Durante a súa xuventude, militou no Partido Comunista de España,[5] pasando a formar parte posteriormente do Partido Socialista Obrero Español.[6] Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións entre 1985 e 1988, durante o Goberno de Felipe González, foi deputado do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados durante a II lexislatura, pola Provincia da Coruña, e durante a III, IV, V e VI lexislaturas, pola Provincia de Pontevedra, ata 1997.[7] Nese ano, abandonou o seu escano no Congreso para presentarse como candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións da V lexislatura autonómica. Debido ós malos resultados obtidos polo PSdeG-PSOE neses comicios, Caballero pasou á segunda fila da escena política, aínda que mantería o seu escano no Parlamento de Galicia ata a constitución da VI lexislatura tralas eleccións autonómicas de 2001.[8]

Tras exercer como docente durante cinco anos na Universidade de Vigo,[9] Abel Caballero retomou a suá actividade política o 22 de setembro de 2005 co seu nomeamento como Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.[10][11]

En 2007, foi proclamado candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Vigo.[12] Tralas eleccións municipais de maio de 2007, a corporación local quedou constituída por 13 concelleiros do PP (44,12% dos votos), 9 do PSdeG-PSOE (29,43% dos votos) e 5 do BNG (18,58% dos votos),[13] conseguindo desta forma o Partido Popular a maioría no pleno.[14] Con todo, o pacto de investidura e cogoberno alcanzado entre os socialistas e os nacionalistas investiu a Abel Caballero como novo alcalde da cidade en substitución da popular Corina Porro.[15]

Tralas eleccións municipais de 2011, que outorgaron 13 concelleiros ó PP (42,39% dos votos), 11 ó PSdeG-PSOE (34,43% dos votos) e 3 ó BNG (11,26% dos votos),[16] Caballero saíu novamente reelixido alcalde da cidade, conseguindo o mellor resultado para o PSdeG-PSOE en vinte anos,[17] aínda que nesta ocasión o BNG, quen o apoiou cos votos dos seus edís no pleno de investidura, rexeitou reformular o bipartito, pasando desta forma, xunto co PP, á oposición.[18]

[editar] Obra literaria

Ademais de obras científicas, Abel Caballero escribiu catro novelas:

  • Caballero Álvarez, Abel Ramón (2002), La elipse templaria, Ediciones Martínez Roca. ISBN 84-270-2749-4.[19]
  • Caballero Álvarez, Abel Ramón (2003), El hombre que tenía miedo al mar, Ediciones Martínez Roca. ISBN 84-270-2845-8.[20]
  • Caballero Álvarez, Abel Ramón (2004), El invierno de las almas desterradas, Belacqva de Ediciones y Publicaciones. ISBN 84-96326-06-3.[21]
  • Caballero Álvarez, Abel Ramón (2006), La puerta amarilla, Styria de Ediciones y Publicaciones. ISBN 84-934731-3-8.[22]

[editar] Cargos institucionais desempeñados


Predecesor:
Enrique Barón
Escudo de España (mazonado).svg
Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións
1985-1988
Sucesor:
José Barrionuevo
Predecesor:
Julio Pedrosa
Escudo de Galicia.svg
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo
2005-2007
Sucesor:
Suso Paz
Predecesor:
Corina Porro
Escudo Vigo S.png
Alcalde de Vigo
2007-actualidade
Sucesor:
No cargo

[editar] Notas

  1. Gabinete de Prensa do Concello de Vigo (11-06-2011) Abel Caballero é investido alcalde por segundo mandato consecutivo. Consultado o 25-06-2011.
  2. Concello de Vigo Biografía do Alcalde. Consultado o 25-06-2011.
  3. Federación Española de Municipios y Provincias Comisión Ejecutiva de la Federación Española de Municipios y Provincias. Consultado o 25-06-2011.
  4. Red Española de Ciudades por el Clima Comité Ejecutivo de la Red Española de Ciudades por el Clima. Consultado o 25-06-2011.
  5. Alonso Montero, Xesús (2007), Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006), Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-531-4.
  6. Pita, Luis; Carvajo, Primitivo (1993), Paco Vázquez : a pegada dun principe, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-699-8.
  7. Congreso de los Diputados Abel Ramón Caballero Álvarez. Consultado o 25-06-2011.
  8. Congreso de los Diputados Eleccións Autonómicas de Galicia do 19 de outubro de 1997. Consultado o 25-06-2011.
  9. Diario da Universidade de Vigo (12-02-2000) Entrevista a Abel Caballero. Consultado o 25-06-2011.
  10. Xunta de Galicia (22-09-2005) Orde do 19 de setembro de 2005 pola que se dispón o cese do Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Julio Pedrosa Vicente. Consultado o 25-06-2011.
  11. Xunta de Galicia (22-09-2005) Orde do 19 de setembro de 2005 pola que se dispón o nomeamento do Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero Álvarez. Consultado o 25-06-2011.
  12. La Voz de Galicia (03-09-2006) Abel Caballero será propuesto como candidato a la alcaldía por la agrupación local del PSOE dentro de un mes. Consultado o 25-06-2011.
  13. Ministerio del Interior Resultados das eleccións municipais de 2007 no Municipio de Vigo. Consultado o 25-06-2011.
  14. La Voz de Galicia (28-05-2007) Corina Porro se queda a 2.800 votos de la mayoría absoluta y da paso a otro bipartito. Consultado o 25-06-2011.
  15. La Voz de Galicia (16-06-2007) Abel Caballero, nuevo alcalde de Vigo. Consultado o 25-06-2011.
  16. Ministerio del Interior Resultados das eleccións municipais de 2011 no Municipio de Vigo. Consultado o 25-06-2011.
  17. Faro de Vigo (23-05-2011) Abel Caballero revalida la Alcaldía con el mejor resultado para los socialistas en veinte años. Consultado o 25-06-2011.
  18. Europa Press (11-06-2011) Caballero toma posesión como alcalde de Vigo con guiños al BNG, que rechaza un nuevo bipartito. Consultado o 25-06-2011.
  19. Ministerio de Cultura La elipse templaria. Consultado o 25-06-2011.
  20. Ministerio de Cultura El hombre que tenía miedo al mar. Consultado o 25-06-2011.
  21. Ministerio de Cultura El invierno de las almas desterradas. Consultado o 25-06-2011.
  22. Ministerio de Cultura La puerta amarilla. Consultado o 25-06-2011.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas