Manuel Bragado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Bragado Rodríguez, nado o 14 de decembro de 1959 en Vigo, é un pedagogo editor galego.

Traxectoria [editar]

É licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago e mestre de educación infantil e primaria en excedencia desde 1990. Foi presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88) e traballa en Edicións Xerais de Galicia dende o ano 1990, sendo dende 1994 o seu director xeral.

Ten colaborado en distintos medios como por exemplo La Región ou Atlántico Diario e na actualidade (2010) escribe un artigo semanal para Faro de Vigo. Traballa ademais na súa tese de doutoramento sobre a Historia das publicacións educativas en Galicia (1900-1980) e por outra banda é unha das cabezas visíbeis da plataforma cívica a prol da lingua galega ProLingua.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]