As bruxas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As bruxas
Título orixinal The Witches
Autor Roald Dahl
Ilustrador Quentin Blake
País Gales
Lingua inglés
Colección Merlín (nº 130)
Xénero(s) Literatura infantil
Editorial Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Cape
Galicia Edicións Xerais
Data de pub. Flag of the United Kingdom.svg 1983
Galicia 2003
Formato Tapa branda; 13,6 x 19 cm
Páxinas 208
166
ISBN Flag of the United Kingdom.svg ISBN 978-0-141-32264-3
GaliciaISBN 84-8302-918-9
Tradutor Xela Arias e Lidia Iglesias Izquierdo

As bruxas é unha novela infantil do escritor galés Roald Dahl, publicada en 1983 co título orixinal de The Witches, ilustrada por Quentin Blake. Foi traducida ao galego por Xela Arias e Lidia Iglesias Izquierdo e publicada por Xerais en 2003.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

O protagonista é un neno inglés, que trala morte de seus pais vaia a Noruega xunto a súa avoa. Ela fálalle das bruxas, seres malvados e ben organizados nos diferentes países do mundo co único propósito de facer desaparecer os nenos e nenas, aos que aborrecen. De todas as bruxas do mundo, a máis perigosa é a Gran Bruxa. Despois, a avoa explícalle como recoñecer a unha bruxa para ter coidado con elas: en vez de uñas teñen gadoupas; non teñen pelo natural, senón perruca; teñen os buratos do nariz grandes, para detectar o cheiro a neno ou nena; a pupila múdalles de cor; nos pés non teñen dedos; e teñen o cuspe azul.

O neno ten o seu primeiro encontro cunha bruxa xogando nunha cabaña nunha árbore. Unha señora chama por el e ofrécelle unha serpe, pero o neno decátase e sobe árbore arriba.

Logo de que enferme a avoa, que fuma caxatos, marchan a Inglaterra para descansar. No hotel, o neno decátase de que se está a levar a cabo a Convención Anual das Bruxas de Inglaterra, disfrazadas como damas da Real Sociedade para a Prevención da Crueldade cos Nenos. Escondido para que non o descubran as 85 bruxas presentes, escoita atento as novidades e decisións tomadas: A Gran Bruxa preséntalles a Fórmula 86: Facedor de Ratos de Acción Retardada, coa que as bruxas deben converter os nenos en ratos. O neno é descuberto, e antes de lograr escapar, é convertido en rato.

Xa transfigurado chega á habitación da avoa, e cóntalle o que sucedeu. Entre os dous deciden rematar coas bruxas. Rouban un frasco da beberaxe e bótano no caldo que han comer. De súpeto, no comedor as bruxas convértense en ratos, e os camareiros acaban con elas.

Xa de volta en Noruega, o neno é consciente de que non ha vivir máis alá de dez anos, pero non lle dá mágoa, porque só quere ser coidado pola súa avoa, que xa ten oitenta e seis anos. Pero axiña se poñen a pensar noutro plan para rematar coas bruxas. Investigando, e a través da policía de Londres, a avoa descobre que o refuxio da Gran Bruxa era un castelo de Noruega, e deciden ir alá cuns gatos e frascos coa fórmula para remataren coas bruxas.

Narración[editar | editar a fonte]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • O neno, un rapaz inglés de sete anos, convertido en rato.
  • A avoa, unha señora norueguesa de oitenta e seis anos, que leva toda a vida estudando as bruxas.
  • A Gran Bruxa, unha muller norueguesa moi vella e moi mala cos nenos e nenas.
  • Bruno, outro neno convertido en rato.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

O libro foi levado ao cinema, nunha película de 1990 dirixida por Nicolas Roeg con Anjelica Huston e Rowan Atkinson nos papeis principais. No filme o neno é chamado Lucas (Luke) Eveshim, a avoa é Helga Eveshim e a Gran Bruxa é Evangeline Ernst.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha na web da editorial