Instituto Cervantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede do Instituto na rúa Alcalá de Madrid aberta no verán de 2006
O eñe (Ñ), a letra símbolo do Instituto Cervantes

O Instituto Cervantes é unha institución cultural pública española creada en 1991, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores. Toma o seu nome do escritor Miguel de Cervantes.

A súa tarefa é a promoción e ensino da lingua española, así como a difusión da cultura de España e Hispanoamérica. Como institución cumpre labores similares á Alliance Française, o British Council, o Institut Ramon Llull e o Goethe-Institut.

As súas sedes centrais están en Madrid, no edificio «As Cariátides» da rúa de Alcalá (antiga sede do Banco Central Hispano) e en Alcalá de Henares, na rúa Libreros da cidade. A súa directora é Carmen Cafarell.

Fins e medios[editar | editar a fonte]

Os fins do Instituto Cervantes son, segundo o artigo 3 de Lei 7/1991, de 21 de marzo, pola que se crea o Instituto Cervantes, os seguintes:

  1. Promover universalmente o ensino, o estudo e o uso do español e fomentar cantas medidas e accións contribúan á difusión e a mellora da calidade destas actividades
  2. Contribuír á difusión da cultura no exterior en coordinación cos demais órganos competentes da Administración do Estado.

Ademais, tamén dedica unha parte do seu orzamento á promoción das demais linguas españolas, ofertando cursos de galego, catalán e vasco a través dalgúns dos seus centros.

Para conmseguir estes fins:

Todos os anos publica o Anuario do español, que tivo a primeira edición en 1998, e que analiza a situación e novidades da lingua española nos seus distintos ámbitos de uso. Ademais, desde 1997, mantén o Centro Virtual Cervantes en Internet.

O 1 de xuño de 2005, o Instituto Cervantes recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. Comparte galardón coa Alliance Française, a Società Dante Alighieri, o British Council, o Instituto Camões e o Goethe-Institut.

Organización[editar | editar a fonte]

  • O Padroado. Está integrado polo Rei de España Xoán Carlos I como presidente de honra. A presidencia executiva exércea o presidente do Goberno, os ministros de Asuntos Exteriores, de Educación e Ciencia, Cultura, o presidente e vicepresidente do Consello de administración, o director do Instituto, 25 vogais electos por institucións culturais e da lingua (RAE, as academias da lingua de Hispanoamérica e Filipinas, universidades, academias españolas e outras organizacións) e vogais por dereito propio (natos) como os gañadores do Premio Cervantes. A súa función é dar as orientacións xerais das actividades do Instituto e coñecer anualmente as súas actividades.
  • O Consello de administración. Presidido polo Secretario de Estado de Cooperación Internacional, dous vicepresidentes (Subsecretario do Ministerio de Educación e Ciencia e o Subsecretario do Ministerio de Cultura), dous conselleiros do padroado, catro conselleiros dos Ministros de Asuntos Exteriores, de Educación e Ciencia, de Cultura, e de Economía e Facenda e o Director do Instituto. O Consello está encargado de elaborar os plans xerais de actividades, vixiar a execución do orzamento e aprobar as transferencias a terceiros.
  • O director, nomeado polo Consello de Ministros. É o encargado de levar dirección do Instituto, e demais labores executivos e administrativas pertinentes. Directores foron Nicolás Sánchez-Albornoz (1991-1996), o Marqués de Tamarón (1996-1999), Fernando R. Lafuente (1999-2001), Jon Juaristi (2001-2004), César Antonio Molina (2004-2007) e Carmen Cafarell (2007- ).

Centro Virtual Cervantes[editar | editar a fonte]

O Centro Virtual Cervantes é un sitio web creado e mantido polo Instituto Cervantes de España para contribuír á difusión da lingua española e as culturas hispánicas. Ofrece materiais e servizos para os profesores de español, os estudantes, os tradutores, xornalistas e outros profesionais que traballan coa lingua, así como para os hispanistas que se dedican a estudar a cultura española en todo o mundo, e para calquera persoa interesada na lingua e culturas hispánicas e na situación do español na rede.

Centros no mundo[editar | editar a fonte]

Sede do Instituto Cervantes en Múnic
Miguel de Cervantes Saavedra (non fidedigno). Pintura atribuída a Juan de Jáuregui

Para os seus labores organízase en:

  • Centros Cervantes:

O Instituto Cervantes non ten aínda ningún centro no Sahara Occidental, único territorio no mundo con poboación árabe que ten como segunda lingua o español. Actualmente estúdase un proxecto para establecer aulas en El Aaiún a través de AECI.

En Xibraltar, logo dun acordo asinado en 2006, crearon un Instituto Cervantes. Esa situación xerou polémica na opinión pública española por ter o Instituto Cervantes centros só no estranxeiro, o que levaba recoñecer implicitamente certo grao de soberanía do goberno e das institucións británicas sobre este territorio así como o seu carácter cultural alleo a España.

O Instituto Cervantes pretende a próxima apertura de aulas en Reiquiavik, Oslo, Abixán, Dakar, Nairobi e San Petersburgo.

En América[editar | editar a fonte]

En América similar labor cúmpreno as Oficinas de Cooperación Técnica (OCT) e os Centros Culturais de España (CCE) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional. Anteriormente eran efectuados polo Instituto de Cooperación Iberoamericana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Instituto Cervantes

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]