Yolanda Castaño
| Yolanda Castaño Pereira | |
|---|---|
| Yolanda Castaño no ano 2010. | |
| Nacemento: | 19 de abril de 1977 (34 anos) Santiago de Compostela, |
| Lingua: | Galego |
| Xénero(s): | Poesía |
Yolanda Castaño Pereira, nada en Santiago de Compostela o 19 de abril[1] de 1977, é unha poetisa galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión.
Índice |
[editar] Traxectoria
Yolanda Castaño trasladouse en 1990 á Coruña, onde rematou a carreira de Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer, na adolescencia, a través dunha serie de premios de poesía menores até que, grazas ó Premio Fermín Bouza Brey 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995), contando 17 anos. Ademais deste galardón, foi merecedora do Premio Johán Carballeira polo seu terceiro poemario, Vivimos no ciclo das Erofanías, que tamén obtivo o Premio da Crítica Española en 1998.
Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), formou parte do equipo directivo de Letras de Cal (unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos) e codirixiu, xunto a Olga Novo, a revista de artes Valdeleite.
[editar] Actividades
Yolanda está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, coa música ou co audiovisual. Así, publicou xunto ao pintor Antón Sobral o catálogo de pintura Venecia. O Vicio da Beleza (2000). Nese mesmo ano, e baixo o título Edénica, viu a luz unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior, acompañada dun CD no que cantaba versións musicadas dos seus poemas. O libro da egoísta (2003) foi número un en vendas de libro galego durante varias semanas, colleitando ademais moi boas críticas. Ao fío deste poemario, dirixiu e produciu O video da egoísta, un videopoema que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual e que resultou gañador do festival de curtametraxes do Concello de Santiago de Compostela Curtocircuito 2004 na sección de videocreación. Foi guionista, directora e presentadora na TVE-Galicia de Mercuria, un programa sobre vangardas artísticas galegas que a levou a ser nominada pola Academia Galega do Audiovisual na categoría "Mellor Comunicador de TV" en 2004, galardón que obtivo finalmente en 2005. En colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña desenvolveu entre 2009 e 2011 o ciclo Poetas Di(n)versos, con recitais conxunto de poetas galegos e das outras linguas peninsulares.
[editar] Polémica con Aduaneiros
O 16 de outubro de 2007 foi protagonista dunha polémica co blogue Aduaneiros sem fronteiras. Tras a solicitude do avogado da autora para a páxina retirase un deseño nomeado Tu quoque Iolanda? e os comentarios relacionados (nos que se verquían insultos contra a escritora) os responsábeis da páxina decidiron pechala antes de cumpriren coa solicitude[2][3].
[editar] Obra
Ten participado en volumes colectivos como o libro con CD Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (1997), así como en Alguén agarda que volva alí (1998), Diálogos na casa de Rosalía (2002), Outro mundo é posível. Festival da Poesía de Salvaterra (2002), O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002), O libro dos abanos (Palabras no aire) (2002), Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003), no Catálogo do Primeiro Encontro de Arte e Natureza no Castelo de Soutomaior (2003), no de Camiño de Santiago. Luz e vida (2003) e en Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2004).
Tamén aparece a súa obra nas antoloxías Para saír do século. Nova proposta poética (Xerais, 1997), Mulher a facer vento (Tema, Lisboa, 1998), Río de son e vento (Xerais, 1999), dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999), Novas voces da poesía galega. Recital (Culturagalega.org, 2000), 25 anos de poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia, 2002), Elas.3 (2004) ou Das sonorosas cordas (Eneida, 2005), así como nas estatais Milenio (SIAL, 1999), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (DVD, 2001) e Mujeres de carne y verso (La Esfera, 2002).
Como poetisa, e tamén como crítica literaria, ten colaborado en numerosas revistas e publicacións periódicas, entre elas La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra, El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, El Mundo, Quimera, Festa da Palabra Silenciada, La Flama en el Espejo, Dorna, Hablar/Falar de Poesía, Ólisbos, Clave Orión, A Xanela, Elipse, Enclave, Casa da Gramática, Boletín Galego de Literatura, Caleta, O máximO, BALDER, etc.
[editar] Publicacións individuais
[editar] Poesía
- Elevar as pálpebras (Premio Fermín Bouza Brey 1994; Espiral Maior, 1995).
- Delicia (Espiral Maior, 1998).
- Vivimos no ciclo das Erofanías (Premio Johán Carballeira 1998 e Premio da Crítica española; Espiral Maior, 1998).
- Edénica (Espiral Maior, 2000) Libro + CD.
- O libro da egoísta (Galaxia, 2003).
- Profundidade de campo (XV Premio Espiral Maior de Poesía; Espiral Maior, 2007).
- Erofanía (Espiral Maior, 2009).
[editar] Literatura infanto-xuvenil
- Punver (Galaxia, 2006).
- Cando eu saiba ler (Galaxia, 2009).
- Punver de volta (Galaxia, 2009).
[editar] Obras colectivas
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (Patronato Rosalía de Castro, 1997).
- Para saír do século, Nova proposta poética (Xerais, 1997).
- Alguén agarda que volva alí (1998).
- Mulher a fazer vento (Tema, Lisboa, 1998).
- Río de son e vento (Xerais, 1999).
- dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999).
- Milenio (Sial, 1999).
- Novas voces da poesía galega: recital (Consello da Cultura Galega, 2000).
- Manuel María (Ophiusa, 2001).
- Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (DVD, 2001).
- XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002).
- Diálogos na casa de Rosalía (2002).
- O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002, Deputación de Pontevedra).
- O libro dos abanos (Palabras no aire) (Follas Novas, 2002).
- 25 anos de poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia, 2002).
- Mujeres de carne y verso (La Esfera, 2002).
- Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (Consello da Cultura Galega, 2003).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003).
- Elas 3: antoloxía poética (Unión Comarcal de CCOO de Vigo, 2004).
- Xela Arias, quedas en nós (Xerais, 2004).
- Das sonorosas cordas (Eneida, 2005).
- O desafío das ondas (Autoridade Portuaria da Coruña, 2006).
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006).
- Vanakkam. Benvidas (Implicadas no Desenvolvemento, 2007).
- A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (Xerais, 2008).
- Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010).
- Pel con pel (Galaxia, 2010).
- Cociñando ao pé da letra (Galaxia, 2011).
- Tamén navegar (Toxosoutos, 2011).
- Babelia en galego (Deputación de Pontevedra, 2012).
- A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012).
[editar] Premios
- Premio Fermín Bouza Brey no 1994, por Elevar as pálpebras.
- Premio Johán Carballeira no 1998, por Vivimos no ciclo das Erofanías.
- Premio da Crítica española no 1998, por Vivimos no ciclo das Erofanías.
- XV Premio Espiral Maior de Poesía no 2007, por Profundidade de campo.
- Mención de honor no Premio Arume de poesía para nenos/as da Fundación Xosé Neira Vilas no 2011, por Verdedades.