Jorge Amado
| Jorge Amado | |
|---|---|
| Caricatura de Jorge Amado. | |
| Nacemento: | 10 de agosto de 1912 Itabuna, Bahia, Brasil |
| Falecemento: | 6 de agosto de 2001 Salvador, Bahia |
| Lingua: | portuguesa |
| Xénero(s): | modernismo |
| Cónxuxe(s): | Zélia Gattai |
Jorge Leal Amado de Faria, coñecido como Jorge Amado, nado en Itabuna (Bahia) o 10 de agosto de 1912 e finado en Salvador o 6 de agosto de 2001, foi un escritor brasileiro.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu na Facenda Auricídia, na cidade de Itabuna, situada ao sur do estado de Bahia. Fillo do dono da facenda, cando tiña 1 ano de idade, a súa familia estableceuse na cidade de Ilhéus, litoral de Bahia, onde Jorge pasou a súa infancia. Fixo os estudos secundarios na cidade de Salvador, capital do Estado. Neste período, comezou a traballar en xornais e a participar da vida literaria, sendo un dos fundadores da chamada Academia dos Rebeldes.
Jorge publicou a súa primeira novela, chamada O País do Carnaval en 1931, cando tiña 18 anos. Casouse con Matilde Garcia Rosa dous anos despois, e con ela tivo unha filla, Lila, que naceu en 1933. Neste ano, publicou a súa segunda novela, Cacau.
Graduouse na Facultade Nacional de Dereito (en portugués, Faculdade Nacional de Direito) na cidade de Río de Xaneiro en 1935. Militante comunista, foi obrigado a exiliarse en Arxentina e Uruguai entre os anos 1941 e 1942, período en que fixo unha viaxe por América Latina. Ao regresar a Brasil, separouse de Matilde Garcia Rosa.
No ano 1945, foi elixido membro da Asemblea Nacional Constituínte, polo Partido Comunista Brasileiro (PCB), sendo o deputado máis votado do estado de São Paulo. Como deputado, foi o autor da lei que asegura a liberdade de culto relixioso. En leste mesmo ano, cásase coa tamén escritora Zélia Gattai.
En 1947, ano en que naceu João Jorge, primeiro fillo con Zélia, o seu partido PCB foi declarado ilegal, e os seus membros foron perseguidos e arrestados. Jorge tivo que exiliarse en Francia, onde se quedou ata o ano 1950, cando foi expulsado. A súa primeira filla, Lila, morreu en 1949. Desde 1950 ata 1952, Amado residiu en Checoslovaquia, onde naceu a súa filla Paloma.
Ao volver a Brasil en 1955, Jorge Amado distanciouse da militancia política, pero sen deixar o Partido Comunista. Dedicouse, desde entón, integralmente á literatura. Foi electo, o 6 de abril de 1961 para a Academia Brasileira de Letras. Recibiu o título de Doutor Honoris Causa por diversas universidades. Tamén recibiu o título de Obá de Xangô na relixión Candomblé.
A súa obra foi adaptada ao cine, ao teatro e á televisión, e tamén foi tema de varios traballos de escolas de samba no Carnaval brasileiro. Os seus libros están traducidos a 49 idiomas e publicados en 55 países. Existen tamén publicacións en Braille, e cintas de son gravadas para cegos.
En 1987, foi inaugurada no Largo do Pelourinho, situado na cidade de Salvador, Bahía, a Fundación Casa de Jorge Amado, que abriga e preserva o seu acervo para investigadores. A fundación tamén axuda o desenvolvemento de actividades culturais no estado de Bahía.
Jorge Amado morreu na cidade de Salvador o 6 de agosto de 2001. Foi cremado e as súas cinzas foron enterradas no xardín da súa casa o día 10 de agosto, cando cumpriría 89 anos.
Obra [editar]
Narrativa [editar]
- O país do Carnaval, 1930
- Cacau, 1933
- Suor, 1934
- Jubiabá, 1935
- Mar Morto (libro)|Mar Morto, 1936
- Capitães da areia, 1937
- Terras do Sem-Fim, 1943
- São Jorge dos Ilhéus, 1944
- Seara vermelha, 1946
- Os subterrâneos da liberdade, 1954
- Gabriela, cravo e canela1958
- A morte e a morte de Quincas Berro d'Água, 1961
- Os velhos marinheiros ou o capitão de longo curso, 1961
- Os pastores da noite, 1964
- O Compadre de Ogum, 1964
- Dona Flor e Seus Dois Maridos, 1966
- Tenda dos milagres, 1969
- Teresa Batista cansada de guerra, 1972
- Tieta do Agreste, 1977
- Farda, fardão, camisola de dormir, 1979
- Do recente milagre dos pássaros, 1979
- Tocaia grande, 1984
- O sumiço da santa, 1988
- A descoberta da América pelos turcos, 1994
- O milagre dos pássaros, fábula, 1997
Literatura infantil [editar]
Poesía [editar]
- A estrada do mar, poesía, 1938.
Teatro [editar]
- O amor do soldado, 1947.
Ensaio [editar]
- ABC de Castro Alves, biografía, 1941.
- O cavaleiro da esperança, biografía, 1942.
- Bahia de Todos os Santos, guía, 1945.
- O mundo da paz, viaxes, 1951.
- O menino grapiúna, memorias, 1982.
- Navegação de cabotagem, memorias, (992.
- Hora da Guerra, crónicas, 2008.