Emma Pedreira
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emma Pedreira Lombardía, nada na Coruña o 11 de novembro de 1978, é unha escritora galega en lingua galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Hispánica, é unha poeta encadrada na Xeración dos 90.
[editar] Obra
[editar] Poesía
- Diario bautismal dunha anarquista morta, 1999, Espiral Maior.
- Grimorio, 2000, Edicións do Castro.
- Corpo, 2001, Edições Tema.
- As posturas do día, 2001, Follas Novas.
- Velenarias, 2001, Espiral Maior.
- Os cadernos d'amor e os velenos, 2002, Espiral Maior.
- Casa de orfas, 2006, Espiral Maior.
- Xoguetes póstumos, 2010, A. C. Caldeirón.
- Antítese da ruína, 2011, PEN Clube de Galicia.
[editar] Narrativa
- Bestiario de silencios, 2001, Madame Mir, Santiago de Compostela.
- As cinzas adentras, 2004, Biblos Clube.
[editar] Obras colectivas
- VII Certame Literario, 2001, Universidade da Coruña.
- XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado.
- De soños e memorias, 2003, Espiral Maior.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Edicións do Castro.
- Das sonorosas cordas, 2005, Eneida (Madrid).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
[editar] Premios
- Premio Johán Carballeira no 1998, por Diario bautismal dunha anarquista morta.
- Premio Faustino Rey Romero no 1999, por Corpo.
- Premio Eusebio Lorenzo Baleirón no 1999, por Grimorio.
- Premio Johán Carballeira no 2000, por Velenarias.
- Premio Fermín Bouza Brey no 2001, por Os cadernos d'amor e os velenos.
- Accésit no XI Certame de Poesía Rosalía de Castro da Casa de Galiza en Córdoba no 2001, por As posturas do día.
- Gañadora do Premio Modesto R. Figueiredo no 2002, por Os doces devorados.
- Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2002.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2005, por Casa das orfas.
- Gañadora do IX premio de poesía Novacaixagalicia no 2010, por Antítese da ruína.
- Gañadora do XIV Certame de poesía Concello de Carral no 2011, con Libro das mentiras.