Drácula
Drácula, un clásico entre os libros de horror, escrito por Bram Stoker en 1897, é unha das representacións máis famosas do concepto de vampiro até hoxe. O libro deu lugar a unha longa serie de versións para o cine, o teatro, a televisión e a banda deseñada.
O libro conta a historia de como a vida de varias persoas, entre elas o estudoso Van Helsing, foi afectada polo vampiro Conde Drácula. Interesante na obra é o pequeno retrato que o autor fai de algúns conceptos do século XIX, como a posición da muller na sociedade e a influencia da relixión na vida das persoas.
O castelo do conde Drácula fica na Transilvania, unha rexión da Romanía, no leste europeu.
O conde Drácula ten como inspiración a figura histórica do voivoda valaco Vlad III Draculea, apodado Tepes (o Empalador) polos seus severos métodos de xustiza e a súa crueldade cos seus inimigos. O vampiro de Bram Stoker, non obstante, presenta algunhas diferenzas importantes, pois é un nobre szekler, non valaco e o seu castelo está situado no Paso do Borgo, en Transilvania, non en Valaquia, onde gobernou Vlad Draculea.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa literatura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |