Uxía Casal
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uxía Casal, nada en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1957, é unha escritora galega de literatura xuvenil de ficción científica.
Índice |
[editar] Traxectoria
Licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporánea en 1979 e en Filoloxía Española en 1984 na Universidade de Santiago de Compostela. Nese último ano marchou para Ourense, onde deu clase de Lingua e Literatura Galegas durante dezaoito anos. Xubilada en 2003 por problemas de saúde, vive actualmente en Ribeira.
[editar] Obras
[editar] Literatura infanto-xuvenil
- Un ano de fábula en catro estacións, 1994, Sotelo Blanco.
- As ás de Xenoveva, 1996, Galaxia.
- Saturno tamén é deus, 1997, Galaxia, relatos.
- O faro de Arealonga, 2001, Xerais, novela.
- Sede en Ourense, 2005, Galaxia, novela.
[editar] Narrativa
- Vidas exemplares, 2006, Xerais, relatos.
[editar] Obras colectivas
- Mini-relatos, 1999, Libraría Cartabón.
- Narradoras, 2000, Xerais.
- Longa lingua, 2002, Xerais.
- Tarde de aventuras, en Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas, 2006, Xunta de Galicia.
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.