Manuel Caamaño Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Caamaño Suárez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1936 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , aparellador Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 112

Manuel Caamaño Suárez, nado en Noia o 2 de xaneiro de 1936, é un aparellador e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Arquitectura técnica na Escola Politécnica de Barcelona. Foi vicesecretario do Centro Galego de Barcelona (1959-1962) e presidente da Agrupación Cultural O Facho (1966-1979). Exerceu a docencia na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña entre 1975 e 2000. Foi un dos fundadores do Partido Socialista Galego. Tamén foi conselleiro da Editorial Galaxia (1972-1986) e SEPT (1969-1975), promotor e presidente da Sociedade Cultural Escola Aberta (1978-1986), membro fundador de ADEGA en 1976, da Fundación Castelao en 1983 e das revistas Teima e Tempos Novos, en 1976 e 1997, respectivamente. Colaborou con artigos asiduamente en La Voz de Galicia. Actualmente é membro da Fundación Pedrón de Ouro.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Antón Losada Diéguez de investigación en 2004, por As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia.
  • Premio da Crítica Galicia de investigación en 2004, por As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia.
  • Premio San Martiño, da Asociación 'O Brado' (A Estrada), no 2004, pola defensa e promoción do idioma galego.
  • Premio Pendello de Honra, da Asociación de Amigos dos Pendellos de Agolada, no 2005, por As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia.
  • Premio Moncho Valcarce de Promoción da Terra (A Coruña), no 2008-
  • Medalla Manuel Gómez Román, da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda Setestrelo, pola súa contribución a crear no País un clima propicio para a recuperación dos nosos valores arquitectónicos tradicionais, en outubro do 2010.
  • Premio Sereo da Cultura Galega outorgado pola Asociación Barbantia, decembro do 2021.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]