Alfonso Álvarez Cáccamo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952, é un escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fillo de Xosé María Álvarez Blázquez (de quen traduciu dúas obras ao galego), fixo estudos de Filosofía e Maxisterio. Actualmente é profesor en Panxón (Nigrán).
Iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. A súa obra narrativa ten recibido múltiples premios como o Premio de Novela "Café de Catro a Catro" (1988), Xerais de novela (1990), "Galaico-Leonés de Relatos" (1990), "Álvaro Cunqueiro de Narrativa" (1993), Manuel García Barros de novela (1996), Modesto R. Figueiredo (1997) e Manuel Murguía de narracións breves (1998).
Tamén é colaborador habitual na prensa, especialmente no Faro de Vigo e A Nosa Terra.
[editar] Obra
[editar] Novela
- Peito de vimbio, 1988, Xerais.
- As baleas de Eduardo Reinoso, 1990, Xerais.
- O espírito de Broustenac, 1996, Xerais.
- O bosque de Levas, 2002, Galaxia.
[editar] Relatos
- O eco de Ramallón, 1992, Ir Indo.
- Xente de mala morte, 1993, Galaxia.
- Catapulta, 1995, Xerais.
- Contos mamíferos, 1998, Xerais.
[editar] Poesía
- Na flor do vento, 1999, Espiral Maior.
- Sebes contra o vento, 2009, Espiral Maior.
[editar] Ensaio
- Xosé Mª Álvarez Blázquez, 1994, Ir Indo.
- X. M. Álvarez Blázquez, 1915-1985: unha fotobiografía, 2008, Xerais.
[editar] Obras colectivas
- Voz e voto, 1991, Patronato Curros Enríquez.
- Contos de nunca acabar, 1995, Aba Edicións.
- Unha liña no ceo, 1996, Xerais.
- E dixo o corvo, 1997, Xunta de Galicia.
- Novo do trinque, 1997, BNG.
- Sede central-3. Relatos, 1997, Clube Cultural Adiante.
- Premios Pedrón de Ouro. Certame Nacional Galego de Narracions Breves "Modesto R. Figueiredo". Certames XXII (1996) e XXIII (1997), 1999, Edicións do Castro.
- Escolma de familia, 2000, Xerais.
- Tecendo panos, 2000, Laiovento.
- Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
[editar] Traducións
- Na vila hai caras novas de Xosé María Álvarez Blázquez, 1993, Ir Indo.
- Enchen as augas de Xosé María Álvarez Blázquez, 1995, Ir Indo.
[editar] Premios
- 1° Premio do XVIII Concurso Nacional de Contos lnfantís da Agrupación Cultural O Facho en 1985, por Hestoria de Fertolpo.
- 2° Premio do XIX Concurso Nacional de Contos Infantís da Agrupación Cultural O Facho en 1986, por A sopa de pedras.
- Premio de Novela Café de Catro a Catro en 1988 por Peito de vimbio.
- Premio Xerais de novela en 1990 por As baleas de Eduardo Reinoso.
- Premio Galaico-Leonés de Relatos en 1990.
- Premio á Comunicación do Museo do Humor de Fene en 1991.
- Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa en 1993 por Xente de mala morte.
- Premio Manuel García Barros de novela en 1996 por O espírito de Broustenac.
- 2° Premio do Premio Modesto R. Figueiredo en 1997 por A meritoria cortesía de Edón de Cidalia.
- Premio Manuel Murguía de Narrativa Breve do Concello de Arteixo en 1998 por Canis fugit.