Enrico Fermi
Enrico Fermi |
|||
|---|---|---|---|
Enrico Fermi nos anos 1940. |
|||
| Nacemento | 29 de setembro de 1901 Roma, Italia |
||
| Morte | 28 de novembro de 1954 Chicago, Illinois, EUA |
||
| Campo | |||
|
|||
Enrico Fermi, nado en 1901 e finado en 1954, foi un físico italiano coñecido polo desenvolvemento do primeiro reactor nuclear e o desenvolvemento da teoría cuántica.
Traxectoria [editar]
Naceu en Roma en 1901 e morreu de cancro en 1954. Foi un dos poucos físicos da era moderna a combinar a teoría coa experiencia. Doutorouse en Pisa.
Após algúns anos na Alemaña, regresou á Universidade de Roma, onde, en 1926, se dedicou á mecánica estatística de partículas que obedecen ao principio de exclusión de Pauli, como os electróns. O resultado é a chamada estatística de Fermi-Dirac, unha vez que Dirac chegou independentemente ás mesmas conclusións. En 1933 Fermi introduciu o concepto de interacción débil, que en conxunto co recén postulado neutrino, entrarían na teoría do decaemento beta. Xuntamente con un grupo de colaboradores, Fermi comezou unha serie de experiencias en que foron producidos artificialmente núcleos radioactivos, polo bombardeamento con neutróns de varios elementos. Algúns dos seus resultados suxeriron a formación de elementos transuranianos. De feito, o que eles observaron, e que mais tarde foi comprobado por Hahn, foi a fisión nuclear. En 1938 Fermi recibiu o Premio Nobel de Física por este traballo. Foi entón para os E.U.A., onde iría a participar no proxecto Manhattan. Dirixiu o proxecto de construción do primeiro reactor nuclear na Universidade de Chicago. Despois da Guerra, Fermi dedicouse á física de partículas, á que deu contribucións importantes. O elemento de número atómico 100, descoberto un ano após a súa morte, recibiu o nome de Fermio na súa honra.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]