Samuel C. C. Ting

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samuel C. C. Ting

Samuel Chao Chung Ting ( en mandarín: 丁肇中; en pinyin: Dīng Zhàozhōng), nado en Ann Arbor (Míchigan) o 27 de xaneiro de 1936, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1976.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dunha parella chinesa que se coñeceu na universidade de Michigan. Cando era pequeno a súa familia trasladouse de novo á China, pero durante a Guerra civil chinesa os seus pais fuxiron á República de China, situada na illa de Taiwan. Desenvolveu os seus estudos secundarios en Taipei e posteriormente ingresou na Univesitade de Tainan.

En 1956 volveu aos Estados Unidos para estudar enxeñaría, matemáticas e física na Universidade de Michigan, onde se doutorou en física no ano 1962. En 1963 entrou a traballar no Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN), para posteriormente traballar no Deutsches Elektronen-Synchrotron (DESY) de Alemaña. Desde 1969 é profesor no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Iniciou as súas investigacións ao redor das partículas subatómicas grazas aos seus traballos no acelerador de partículas, cousa que lle permitiu descubrir a partícula J (ou partícula J/ψ), descubrimento que tamén realizou independentemente o físico Burton Richter.

No ano 1976 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Burton Richter, polo descubrimento da partícula subatómica J.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]