George Paget Thomson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Paget ThomsonPremio Nobel
George Paget Thomson en 1937.
Datos persoais
Nacemento3 de maio de 1892
LugarCambridge
Falecemento10 de setembro de 1975 (83 anos)
LugarCambridge
Nacionalidadebritánico
EtniaPobo inglés
CónxuxeKathleen Buchanan Adam Smith
FillosJohn Thomson, [Caroline] Rose Buchanan Thomson, Lieut. Com. David Paget Thomson e [Lilian] Clare Thomson
Actividade
CampoFísico, profesor, filósofo
Alma máterTrinity College
Director de teseJohn William Strutt e Joseph John Thomson
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel (1937)
Medalla Hughes (1939)
Medalla Royal (1949)
editar datos en Wikidata ]


George Paget Thomson, nado en Cambridge o 3 de maio de 1892 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 1975, foi un físico británico.

Biografía[editar | editar a fonte]

Foi fillo de sir Joseph John Thomson, premio Nobel de Física en 1906, considerado o descubridor do electrón polos seus experimentos co fluxo de partículas (electróns) que compón os raios catódicos. Ambos recibiron o Premio Nobel, sendo o único caso de dúas xeracións nunha familia, a máis de Marie Curie e Pierre Curie coa súa filla Irène_Joliot-Curie.

Estudou e graduouse no Trinity College da Universidade de Cambridge. Entre 1922 e 1930, impartiu clases de filosofía natural na Universidade de Aberdeen. En 1930 obtivo a cátedra de física no Colexio Imperial de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Londres, onde permaneceu ata 1952. Desde ese ano e ata 1962, foi reitor do Corpus Christi College da Universidade de Cambridge.

En 1937 foille outorgado o premio Nobel de Física, compartido co físico estadounidense Clinton Davisson, polo seu traballo sobre a difracción de electróns en cristais e a demostración das súas propiedades ondulatorias.

Nos últimos anos da década de 1930 e durante a segunda guerra mundial, especializouse en física nuclear, concentrándose no estudo das aplicacións prácticas militares da enerxía nuclear. Na última parte da súa vida continuou os seus traballos ao redor da enerxía nuclear, e tamén escribiu traballos sobre aerodinámica e sobre o valor da ciencia na sociedade.

Entre 1937 e 1941, asesorou o ministerio do Aire en materia de aeronáutica, e en materia científica en xeral entre 1943 e 1944. En 1943 foi nomeado cabaleiro (sir) e en 1946 ocupou a asesoría da delegación británica no Consello de Seguridade das Nacións Unidas e da Comisión da Enerxía Atómica.