Manne Siegbahn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manne Siegbahn

Karl Manne Georg Siegbahn, nado en Örebro o 3 de decembro de 1886 e finado en Estocolmo o 26 de setembro de 1978, foi un físico sueco que recibiu en 1924 o Premio Nobel de Física.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Karl Manne Siegbahn foi nomeado doutor en 1911 na Universidade de Lund. O título da súa tese foi Magnetische Feldmessungen (Medidas do campo magnético). Foi premiado coa medalla Hughes en 1934 e coa medalla Rumford en 1940.

Casou con Karin Högbom en 1914 e tiveron dous fillos: Bo Siegbahn (diplomado, nacido en 1915) e Kai M. Siegbahn (físico, nacido en 1918). Este último tamén recibiu o Premio Nobel de física en 1981.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

As súas investigacións científicas céntranse no ámbito da espectroscopia mediante raios X, razón pola que foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1924.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na súa honra bautizouse ao asteroide (10446) Siegbahn descuberto o 16 de outubro de 1977 por Cornelis Johannes van Houten, Ingrid van Houten-Groeneveld e Tom Gehrels.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]