Steven Weinberg
Steven Weinberg, nado en New York o 3 de maio de 1933, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1979.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu no seo dunha familia xudía. Estudou no Bronx High School of Science, onde coñeceu a Sheldon Lee Glashow, e licenciouse en física en 1954 na Universidade de Cornell. No ano 1957 conseguiu o doutoramento na Universidade de Princeton.
Investigacións científicas [editar]
Iniciou a súa colaboración con Sheldon Lee Glashow e Abdus Salam ao redor da interacción electrodébil, demostrando como o electromagnetismo e a forza nuclear débil baixo certas condicións son unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as partículas e non tanto só aos leptóns. En 1979 Weinberg, xunto con Sheldon Glashow e Abdus Salam, serían galardoados co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil.
Bibliografia [editar]
- Gravitation and Cosmology: Principles and Applications of the General Theory of Relativity (1972)
- The First Three Minutes: A Modern View of the Origin of the Universe (1977)
- The Discovery of Subatomic Particles (1983)
- Elementary Particles and the Laws of Physics: The 1986 Dirac Memorial Lectures (1987, realizada coa colaboración de Richard Feynman)
- Dreams of a Final Theory: The Scientist's Search for the Ultimate Laws of Nature (1993)
- Quantum Theory of Fields (3 volums: 1995, 1996 i 2003)
- Facing Up: Science and its Cultural Adversaries (2001)
- Glory and Terror: The Coming Nuclear Danger (2004)
- Facing Up: Science and Its Cultural Adversaries (2003)