Edward Victor Appleton
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edward Victor Appleton, nado en Bradford en 1892 e finado en 1965, foi un físico inglés.
[editar] Traxectoria
Despois do remate da Primeira Guerra Mundial, entrou no Laboratorio de Cavendish como axudante de física experimental en 1920. Entre 1924 e 1936 foi profesor de física na Universidade de Londres, para pasar a dar clases de filosofía natural na Universidade de Cambridge (1936-1939). Secretario do Departamento de Investigación Científica e Industrial entre 1939 e 1949.
En 1947 recibiu o Premio Nobel de Física polas súas contribucións ao coñecemento da ionosfera, cousa que permitiu o desenvolvemento do radar.