John Hasbrouck van Vleck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
JH van Vleck 1974.jpg
Nobel prize medal.svg

John Hasbrouck van Vleck, nado en Middletown (Connecticut) o 13 de marzo de 1899 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 27 de outubro de 1980, foi un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1977.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou física na Universidade Harvard, e posteriormente, en 1923, ingresou como profesor auxiliar na Universidade de Minnesota. Foi designado profesor de física na Universidade de Wisconsin, onde tivo como alumno a John Bardeen, e finalmente estableceuse en Harvard.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Sexta Conferencia Solvay (1930). John Hasbrouck van Vleck é o terceiro da fila posterior pola dereita, no medio de Yakov Dorfman e Enrico Fermi.

Van Vleck desenvolveu as teorías fundamentais da mecánica cuántica do magnetismo e da vinculación nos complexos do metal.

Vleck participou no Proxecto Manhattan servindo no Comité Científico de Los Álamos en 1943. Este comité decidiu reducir o tamaño do arma nuclear e acelerar a produción da bomba para o seu lanzamento sobre a cidade xaponesa de Hiroshima.

En 1977 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Philip Warren Anderson e Nevill Francis Mott, polas súas investigacións sobre o ferromagnetismo e a supercondutividade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]