Lise Meitner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lise Meitner
Lise Meitner (1878-1968), lecturing at Catholic University, Washington, D.C., 1946.jpg
Lise Meitner en Washington, DC en 1946.
Datos persoais
Nacemento 7 de novembro de 1878
Lugar Viena, Austria
Falecemento 27 de outubro de 1968
(89 anos)
Lugar Cambridge, Inglaterra
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade Austríaca e sueca.
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Física
Alma mater Universidade de Viena
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese Franz S. Exner
Alumnos tese Arnold Flammersfeld
Kan-Chang Wang
Nikolaus Riehl
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Fisión nuclear
Efecto Auger
Protactinio
Influído por
Influíu en Otto Hahn
Max Delbrück
Hans Hellmann
Premios Premio Lieben en 1925
Medalla Max Planck en 1949
Premio Enrico Fermi en 1966

Lise Meitner signature.svg

Lise Meitner, nada en Viena o 7 de novembro de 1878 e finada en Cambridge o 27 de outubro de 1968, foi unha física austríaca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a terceira de oito fillos dunha familia xudía. Estudou física na Universidade de Viena (na que entrou no 1901) con Ludwig Boltzmann. Despois de doutorarse, mudouse a Berlín en 1907 para estudar con Max Planck e Otto Hahn, co que traballou durante 30 anos liderando unha sección no Instituto Kaiser Wilhem (na actualide, Max Planck Institut). Ambos investigaron a radioactividade, un dende a perspectiva química e a outra dende a física. No ano 1918 descubriu o Protactinio. No 1923 descubriu a transición non radioactiva denominada Efecto Auger.

Sello adicado a Lise Meitner.

Ó ser anexionada Austria por Alemaña no 1938, Lise viuse forzada a trasladarse a Suecia, pasando a traballar en malas condicións no Instituto Manne Siegbahn de Estocolmo. Reuniuse de xeito clandestino con Otto Hahn en Copenhaguen (Dinamarca) para programar unha nova rolda de experiencias, que proporcionaron a evidencia da fisión nuclear e foron publicados en xaneiro de 1939, dando Lise a explicación física das observacións e ao proceso de fisión nuclear o mes seguinte.

En 1944, Meitner foi ignorada mentres Hahn recibía o Nobel, o que foi corrixido en parte no 1966, ó seren galardoados xunto a Fritz Straßmann co Premio Enrico Fermi. O elemento número 109 chámase Meitnerio na súa honra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]