Polykarp Kusch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polykarp Kusch.

Polykarp Kusch, nado en Blankenburg o 26 de xaneiro de 1911 e finado en Dallas (Texas) o 20 de marzo de 1993, foi un físico e profesor universitario estadounidense de orixe alemá, galardoado no ano 1955 co Premio Nobel de Física.

Índice

Traxectoria [editar]

Naceu na cidade alemá de Blankenburg, trasladándose o ano seguinte con toda a súa familia aos Estados Unidos. En 1931 licenciouse en física no Case Institute of Technology de Cleveland, conseguindo o seu doutoramento en 1936 pola Universidade de Illinois.

Investigacións científicas [editar]

Profesor da Universidade de Columbia na cidade de Nova York no ano 1949, xunto con Isidor Isaac Rabi estudou os efectos dos campos magnéticos en átomos, e traballou varios anos como cabeza académica antes de partir cara á Universidade de Texas, na cidade de Dallas onde se retirou en 1982.

En 1955 foi galardoado co Premio Nobel de Física xunto con Willis Eugene Lamb por demostrar que o momento magnético do electrón era maior que o seu valor teórico, provocando a reconsideración e a innovación na electrodinámica cuántica.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]