Teoría cuántica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Mecánica cuántica é a parte da física que estuda o movemento das partículas moi pequenas, e, á vez, a base da Teoría cuántica en calquera campo. O concepto de partícula "moi pequena" atende ó tamaño no que comezan a notarse efectos como a imposibilidade de coñecer con exactitude infinita e ó tempo a posición e a velocidade dunha partícula (ver Principio de indeterminación de Heisenberg), entre outros. A estes efectos acostuma denominárselles "efectos cuánticos". Así, a Mecánica cuántica é a que rixe o movemento de sistemas nos que os efectos cuánticos son relevantes. Tense documentado que ditos efectos son importantes en materiais mesoscópicos (uns 1.000 átomos ou menores).

Bases[editar | editar a fonte]

As suposicións máis importantes desta teoría son:

  • A enerxía non se intercambia de xeito contínuo. En todo intercambio enerxético hai unha cantidade mínima involucrada.
  • Ó ser imposible fixar á vez a posición e a velocidade dunha partícula, renúnciase ó concepto de traxectoria, vital na Mecánica Clásica. En troques diso, o movemento dunha partícula queda rexido por unha función matemática que asigna, a cada punto do espazo e a cada instante, a probabilidade de que a partícula descrita se atope en dita posición nese momento (ó menos, na interpretación de la Mecánica cuántica máis usual, a probabilística ou "de Copenhague"). A partir desa función, ou función de onda, obtéñense en teoría tódalas magnitudes do movemento.

Aínda que a estrutura formal da teoría está ben desenvolta, non pasa o mesmo coa súa interpretación, que segue a ser obxecto de controversias.

A teoría cuántica foi desenvolta no seu xeito básico ó longo da primiera metade do século XX. O intercambio discreto de enerxía manifestouse por cuestións relacionadas con:

O desenvolvemento formal da teoría foi obra dos esforzos conxuntos de moitos (e moi bos) físicos e matemáticos da época como Erwin Schrödinger, Werner Heisenberg, Albert Einstein, P.A.M. Dirac, Niels Bohr e Von Neumann entre outros (a lista é longa). En xeral, a rexión de orixe da Mecánica cuántica pode localizarse na Europa central, en Alemaña e Austria, e no contexto histórico do primeiro terzo do século XX.