Robert Woodrow Wilson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Woodrow Wilson
Nacemento10 de xaneiro de 1936
Lugar de nacementoHouston
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterInstituto Tecnolóxico de California, Universidade Rice, Lamar High School, Instituto Tecnolóxico de California e Universidade Rice
Ocupaciónastrónomo, físico e investigador
PremiosPremio Nobel de Física, Medalha Henry Draper, Medalha Herschel e Karl G. Jansky Lectureship
Na rede
Musicbrainz: cee96bc4-ad10-42b2-b9ca-383e9f7c1138 WikiTree: Wilson-65906 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert Woodrow Wilson, nado en Houston (Texas) o 10 de xaneiro de 1936, é un físico e astrónomo estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1978.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wilson graduouse en física na Universidade de Rice en Houston e en 1962 doutorouse no Instituto Tecnolóxico de California.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Xunto a Arno Allan Penzias traballou aos Laboratorios Bell de Nova Jersey realizando melloras no funcionamento das antenas convencionais. En 1964 ambos físicos descubriron accidentalmente unha fonte de ruídos provenientes da atmosfera que eran completamente descoñecidos. A súa procura levounos a denominalos radiación cósmica de fondo de microondas ou CMB, confirmando así a Teoría do Big Bang exposta por George Gamow.

En 1978 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Arno Allan Penzias, polo seu descubrimento da Radiación cósmica de fondo. O premio foi compartido con Petr Kapitsa, aínda cando este por un traballo diferente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]