Sheldon Lee Glashow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sheldon Lee Glashow Nobel prize medal.svg
Sheldon Glashow at Harvard.jpg
Sheldon Glashow na Universidade Harvard.
Datos persoais
Nacemento 5 de decembro de 1932
Lugar Nova York
Falecemento {{{morte}}}
Lugar {{{lugar_morte}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Física o 1979

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Sheldon Lee Glashow, nado en Nova York en 1932, é un físico e catedrático norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1979.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu o 5 de decembro de 1932 na vila de Nova York, fillo de inmigrantes rusos de tradición xudía[1]. Estudou no Bronx High School of Science, onde coñeceu a Steven Weinberg, e posteriormente licenciouse en Física no ano 1954 na Universidade de Cornell. En 1959 conseguiu o doutoramento na Universidade Harvard baixo a supervisión de Julian Schwinger, e ampliou os seus estudos no Instituto Niels Bohr de Copenhague, o CERN e no Instituto Tecnolóxico de California.

Entre 1982 e 1984 Glashow foi profesor de física na Universidade de Houston, e desde aquel ano éo da de Universidade de Boston.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Xunto a Steven Weinberg e Abdus Salam desenvolveu a teoría da interacción electrodébil pola cal o electromagnetismo e a Interacción nuclear débil son, baixo certas condicións, unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as partículas e non tanto só aos leptóns.

En 1979 Glashow, xunto con Steven Weinberg e Abdus Salam, serían galardoados co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil.

Posteriormente estudou a relación materia/antimateria, os neutrinos e realizou tamén varios tests de comprobación da relatividade especial descrita por Albert Einstein. Así mesmo destaca por ser un dos científicos máis escépticos da teoría das supercordas, que intenta explicar á vez todas as partículas subatómicas existentes e unificar todas as forzas da natureza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]