Philip Warren Anderson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Philip Warren Anderson
Andersonphoto.jpg
Nacemento 13 de decembro de 1923 (89 anos)
Indianapolis, Indiana Flag of the United States.svg
Campo física

Philip Warren Anderson, nado en Indianápolis (Indiana) o 13 de decembro de 1923, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1977.

Índice

Traxectoria [editar]

En 1940 licenciouse en física na University Laboratory High School de Urbana. Posteriormente ingresou na Universidade Harvard para ampliar estudos baixo a dirección de John Hasbrouck van Vleck.

Entre 1967 e 1975 foi profesor universitario na Universidade de Cambridge, e desde 1984 é profesor na Universidade de Princeton.

Investigacións científicas [editar]

Entre 1949 e 1984 entrou a formar parte dos Laboratorios Bell de Nova Jersey onde vai traballar, xunto a William Bradford Shockley e John Bardeen entre outros, ao redor da física da materia condensada e o ferromagnetismo, resonancia magnética, supercondutividade, o estudo dos semiconductores e a efecto Kondo entre outros.

En 1977 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Nevill Francis Mott e John Hasbrouck van Vleck, polas súas investigacións na estrutura electrónica do magnetismo e os sistemas desordenados, que permitiron o desenvolvemento da conmutación electrónica e dos dispositivos de memoria dos ordenadores.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]