Percy Williams Bridgman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Percy Williams Bridgman Nobel prize medal.svg
Bridgman.jpg
Datos persoais
Nacemento 21 de abril de 1881
Lugar Cambridge, Massachusets
Falecemento 20 de agosto de 1961
Lugar Randolph, Nova Hampshire
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Física en 1946

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Percy Williams Bridgman, nado en Cambridge, Massachusets, o 21 de abril de 1881 e falecido en Randolph, Nova Hampshire, o 20 de agosto de 1961, foi un físico e profesor universitario norteamericano, galardoado en 1946 co Premio Nobel de Física.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou física na Universidade Harvard, exercendo en 1919 como profesor nesta universidade. Foi membro da delegación estranxeira da Royal Society británica.

Suicidouse logo de serlle diagnosticado un cancro.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

En 1905 iniciou as súas investigacións de certos fenómenos atmosféricos baixo a influencia da presión. Por mor dun mal funcionamento da maquinaria modificou a súa máquina de presión, e o resultado foi que inventara un novo enxeño, o cal lle permitiría crear presións por encima de 100.000 kg/cm². Isto supuxo unha mellora enorme respecto á instrumentación anterior, na cal as presións podían chegar soamente ata os 3000 kg/cm².

Con este novo aparello investigou o efecto da presión sobre a resistencia eléctrica, e as condicións sólidas e fluídas baixo presión. Así mesmo tamén estudou a condución eléctrica en metais, as características de certos cristais e desenvolveu unha gran tarefa divulgativa.

En 1946 foi galardoado co Premio Nobel de Física polo seu traballo sobre a física de altas presións.

Foi un dos 11 signatarios do manifesto Russell-Einstein realizado no ano 1955. Aquel mesmo ano sometendo grafito a presións de 20.000 a 30.000 atm a temperaturas de 3.000 ºC obtivo diamantes sintéticos, a produción industrial dos cales foi empresa pouco despois.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]