Jack Steinberger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steinberger

Jack Steinberger, nado como Hans Jakob Steinberger en Bad Kissingen o 25 de maio de 1921, é un físico estadounidense de orixe alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Recibiu o Nobel de Física de 1988, conxuntamente con Leon Max Lederman e Melvin Schwartz, polo método do feixe de neutrinos, descubrimento do muón neutrino e demostración dos leptóns dobrados.[1] Estes experimentos foron realizados na Universidade de Columbia a principios da década de 1960.

Steinberger naceu en Bad Kissingen en Baviera, Alemaña, pero abandonouna aos 13 anos debido ao incremento do sentimento antisemita e o espertar nazi. Emigrou aos Estados Unidos, onde viviu durante moitos anos, para logo emigrar a Suíza para traballar no CERN, onde traballou en innúmeras experiencias sobre neutrinos.[2]. O seu premio Nobel doouno á New Trier High School, escola da que foi alumno.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]